Un taller de robótica e a conferencia do Dr. Vicente Vérez, os próximo eventos de CITIUS e CIQUS

A Unidade de Sistemas Intelixentes do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS), organiza mañá día 17 un taller de robótica no edificio Domus da Coruña. O taller co título “Obradoirobot” ten como obxecto que os asistentes poidan aprender algunhas das bases tecnolóxicas da robótica móbil dun xeito participativo e lúdico desenvolvendo xogos cun robot móbil guiado por intelixencia artificial.

Mediante diferentes talleres, mostraránselles aos participantes os fundamentos que permiten dotar un robot móbil con capacidade sensorial da posibilidade de realizar percorridos dun xeito intelixente, ou como interactuar co robot mediante comandos visuais que guíen as súas actividades. Nos talleres empregaranse robots móbiles reais Pioneer 3 DX e 3 AT, de MobileRobots.

Esta actividade conta co cofinanciamento do programa de axudas para o fomento da cultura científica e da innovación da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e se estás interesado de asistir a esta actividade deben de inscribirse chamando ao teléfono 981 189 840 e apuntarse así a unha das dúas sesións que se celebrarán o día 17: a primeira de 11.30 a 13.30 horas e a segunda de 17.30 a 19.30 horas.

Por outro lado, outro dos Centros Singulares de Campus Vida, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares, CIQUS, organiza mañá a conferencia “Afrontando os Retos das Infeccións e o Cancro: Desenvolvemento de Novas Vacinas Baseadas en Hidratos de Carbono”, impartida polo Dr. Vicente Vérez Bencomo, Director do Centro de Química Biomolecular Da habana, Cuba.Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.