Un grupo do Inibic gaña o premio Rafael Hervada de investigación

Un traballo sobre o efecto de determinados fármacos para evitar o proceso de desorganización celular no cancro de vexiga que determina a aparición de metástase obtivo o premio Rafael Hervada de investigación, que convoca o Hospital San Rafael e cuxo fallo se deu a coñecer onte.

O estudo foi realizado por un equipo multidisciplinar de expertos en bioquímica, bioloxía molecular e celular do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic), do Chuac, cuxa investigadora principal é a doutora Angélica Figueroa-Conde Valvís. José Duarte Novo, coordinador do servizo de uroloxía do Hospital San Rafael, destacou a calidade do traballo polos resultados obtidos in vitro, xa que «se abre a posibilidade de que un un futuro se desenvolvan tratamentos personalizados en función das alteracións xenéticas e moleculares».

O especialista referiuse ademais á importancia de novas vías terapéuticas á carta ante un tumor que é o segundo máis prevalente na poboación masculina.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.