Un dos proxectos de Campus Vida, premiado en “A Gala da Ciencia Española” Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt)

Onte celebrouse por primeira vez, no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña, unha gala para homenaxear e reivindicar a calidade da investigación e a divulgación científica que se fai en España. O acto foi organizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) e o Ministerio de Economía e Competitividade.

No acto distinguiuse a cinco proxectos representativos da calidade da ciencia española. Un deles, do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) sobre obesidade, coordinado polo seu director Carlos Diéguez e no que se esclareceu o papel desempeñado pola hormona estimulante da inxestión alimentaria (ghrelin), a cal é sintetizada polo estómago actuando no cerebro e incrementando a inxestión voluntaria de alimento. A distinción foi recollida polo starting grant, Miguel López, quen fixo un chamamento cara á necesaria aposta política que asegure a excelencia da investigación e o talento dos investigadores novos.

Outros proxectos premiados foron “desenvolvemento reprodutivo e calidade da uva”, do Instituto de Ciencias da Vide e o Viño (CSIC), tratamento e reutilización de augas residuais para unha xestión sostible proxecto Consolider-TRAGUA, coa participación de 24 grupos, un traballo da Universidade Politécnica de Madrid para explorar os números primos e o deseño de catalizadores para unha química sostible -proxecto Intecat- que recolleu Miquel Ángel Pericas.

Tamén se deron os premios do certame Fecyt de comunicación científica ao investigador José Daniel Edelstein, por un artigo en Mètode, a América Jimena Valencuela, por «Ciencia ao Cubo» de RNE 5, ao químico David Sucunza Sáenz (categoría Amateur) e ao investigador Carlos Duarte (premio especial do xurado).Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.