TRANSBIO analiza no Edificio Emprendia cómo crear e desenvolver unha empresa tecnolóxica

No marco do proxecto europeo TRANSBIO, un proxecto internacional do sector biotecnolóxico na contorna do Sudoeste Europeo,  Campus Vida organiza este martes 23 no Edificio Emprendia un workshop para a creación e desenvolvemento de empresas biotecnolóxicas dirixido a persoal de oficinas de transferencia e valorización, investigadores, spinoffs, empresas e investidores.

A primeira sesión dedicarase á presentación dos programas e recursos existentes en Galicia para a valorización e transferencia de tecnoloxía con testemuñas de empresas e spinoffs beneficiarias dos mesmos. A sesión da tarde diríxese a boas prácticas no eido de novas ferramentas de financiamento, aloxamento e transferencia de tecnoloxía para empresas biotecnolóxicas.

Nas xornadas contará coa participación de centros de investigación, emprendedores, empresas e cluster empresariais do sector biotecnolóxico do conxunto do Espazo Sudoeste Europeo.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.