Santiago de Compostela acolle o 8 e 9 de Marzo a Primeira Reunión Bienal do Grupo de Química Biolóxica da Real Sociedade Española de Química

Como parte dos esforzos para promover e impulsar a área da química biolóxica entre a comunidade científica española, o próximo 8 e 9 de Marzo organízase en Santiago de Compostela a primeira reunión bienal do grupo de Química Biolóxica da Real Sociedade Española de Química (www.usc.es/qbrseq/). Con esta reunión preténdese proporcionar un foro de encontro e discusión dos científicos interesados neste fascinante campo, e catalizar o desenvolvemento futuro da disciplina.

Fai non moitos anos a Bioloxía Celular e a Medicina eran disciplinas científicas moi alonxadas da Química, rama da ciencia adicada a estudar as moléculas. Sen embargo, o avance producido nos últimos anos na comprensión dos procesos biolóxicos en termos moleculares ten impulsado o papel e importancia das ciencias químicas na bioloxía e a medicina. Como consecuencia, xurde una nova disciplina científica chamada “Química Biolóxica”, que que podríamos definir como unha rama da ciencia fronteira entre a química e a biomedicina, e dedicada ao estudio dos procesos biolóxicos desde unha perspectiva molecular, i en base a utilización de técnicas e ferramentas químicas. Os químicos españois no queren quedar ó marxen desta circunstancia, e por elo recentemente crearon o Grupo de Química Biolóxica da Real Sociedade Española de Química (www.quimicabiologica.es). O primeiro presidente e tesoreiro do grupo son José Luis Mascareñas e Concepción González Bello, profesores desta Universidade e membros do Centro de Investigacións Biolóxicas e Materiais Moleculares (CIQUS).

Nesta primeira reunión do grupo que vaise celebrar o 8 e 9 de Marzo en Santiago de Compostela, e contará con catro científicos de renome internacional como conferenciantes plenarios, os profesores Shankar Balasubramanian da Universidade de Cambridge (Reino Unido), Oliver Seitz da Universidade Humboldt de Berlin (Alemania), Thomas Carell da Universidade Ludwig Maximilians de Munich (Alemania) e Modesto Orozco da Universidade de Barcelona. O Prof. Balasabrumanian foi o coinventor da tecnoloxía de secuenciación do Xenoma, comercializado pola multinacional Solexa Illumina, que permite a lectura de alta calidade de mil millóns de bases por barrido, case sen errores. Os profesores Carell e Seitz son líderes mundiais no campo dos ácidos nucleicos e da ciencia das proteínas,. Por exemplo, desenvolveron sistemas artificiais que permiten o estudo dos danos producidos no ADN, un proceso responsable do inicio do cancro e outras enfermidades. O Prof. Orozco é especialista na simulación por ordenador dos sistemas biolóxicos.

A reunión contará ademais ca participación de outros tres conferenciantes invitados e numerosos investigadores que presentarán setenta comunicacións, orais o en forma de carteis. Mais de 140 investigadores asistirán á reunión, que está organizada por catro profesores do CIQUS (www.usc.es/ciqus/), José Luis Mascareñas, Concepción González Bello, Miguel Vázquez e Eugenio Vázquez.

A cerimonia de apertura terá lugar o xoves 8 de Marzo as 15 h na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida). A inauguración estará presidida polo Sr. Vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, D. Francisco González García e o Presidente da RSEQ, D. Jesús Jiménez Barbero.

Esta reunión está financiada polo anterior Ministerio de Ciencia e Innovación (MICIIN), o Grupo Especializado de Química Biolóxica da RSEQ e a Real Sociedade Española de Química (RSEQ) e conta co patrocinio de diversas empresas (Galchimia, Lilly, Cienytech, Fisher Scientific e Praxair).

Contacto:

José Luis Mascareñas (Tel. 669 635 703; e-mail: joseluis.mascarenas@usc.es) ou Concepción González Bello (Tel. 619 310 153; e-mail: concepcion.gonzalez.bello@usc.es).

Para más información do evento: www.usc.es/qbrseq/Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.