Relevantes revistas científicas escollen traballos de investigadores de Campus Vida para as súas portadas

Nos últimos meses, traballos de investigadores de Campus Vida, en concreto do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), foron portada de relevantes revistas científicas.

No mes de Agosto, o artigo de Juan R. Granxa, Manuel Amorín, Antonio Llamas-Saiz e Luis Castedo, titulado “3 D water channel embedded in a,-Cyclic Octapeptide made Organic Porous Material” foi publicado en portada de Crystal Growth and Design. Da mesma forma, a revista Organic and Biomolecular Chemistry, elixiu o artigo titulado “Rational design of a cyclin A fluorescent peptide sensor”, cuxos autores son Elena Pazos, Miguel Pérez, Hugo Gutiérrez-de-Terán, Mar Orzáez, Tatiana Guevara, José L. Mascareñas e M. Eugenio Vázquez.

Pero o recoñecemento á excelencia dos traballos dos nosos científicos continua neste ano 2012, abrindo o ano con dúas portadas, unha delas na revista Journal of Medicinal Chemistry que mostra na súa portada o traballo sobre a estrutura de raios X do complexo do encima deshidroquinasa tipo II de Mycobacterium tuberculose cun potente inhibidor, desenvolvido polo grupo de investigación de C. González Bello.

A cuarta portada foi a publicada na revista Angewandte Chemie, no seu número do mes de xaneiro, onde se fala do traballo que estuda a estrutura dun novo tipo de poliarenos con simetría tripla para os que se acuñou o termo cloverphenes (do inglés clover = trevo), desenvolvidos polo grupo de E. Guitrián, D. Pérez e D. Pena.

Estamos seguros que estas non serán as últimas portadas do ano e outras importantes revisitas científicas, seguirán elixindo traballos de investigadores de Campus Vida para as súas portadas, avalando o gran traballo que se realiza nos nosos grupos de investigación.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.