Reconocimiento nos premios EYCA, o traballo realizado pola doctora Olalla Vázquez

A doctora Olalla Vázquez, que realizou a súa tese baixo a dirección dos profesores do CIQUSJosé Luis Mascareñas e Eugenio Vázquez Sentís, ven de recibir a medalla de prata dos premios European Young Chemistry Award (EYCA), que foron entregados na cerimonia de clausura do 4th EuCheMS Chemistry Congress, celebrado en Praga.

Os premios EYCA recoñecen e difunden o excelente traballo desenvolvido por investigadores mozos no eido das ciencias químicas. O premio concedido a Olalla, que actualmente desenvolve a súa formación posdouctoral na Humboldt-Universitaet zu Berlin cun contrato Marie-Curie, recoñece fundamentalmente o traballo realizado durante a súa tese de doutoramento no Departamento de Química Orgánica da USC e no CIQUS.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.