Physiomar 12, celebrouse na Facultade de Bioloxía e reuniu especialistas mundiais en moluscos

O pasado 8 de Setembro, finalizou Physiomar 12, centrado en cuestións como reprodución, nutrición, toxicidade, biomoléculas e biomateriais, xenética, e genómica, temas que foron desenvolvidos durante 60 relatorios.

A organización correu a cargo da USC, o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (pertencente ao CSIC) e o Centro de Investigacións Mariñas da Xunta de Galicia (CUME), celebrándose na Facultade de Bioloxía. A inauguración correu a cargo do reitor Juan Casares, a Consellería de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana e representantes das entidades organizadoras.

O obxectivo do encontro é servir de foro para a comunicación dos últimos avances en todos os aspectos relacionados coa fisioloxía dos moluscos, dispoñendo dun espazo para o intercambio, a cooperación e a colaboración no ámbito dos moluscos mariños tanto para investigadores coma para empresas.

O congreso dá continuidade aos foros xa realizados en novembro de 2006 en La Paz (México), en Physiomar 08, celebrada en Brest (Francia), e Physiomar10, que se desenvolveu no Québec (Canadá).Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.