Os próximos eventos en Campus Vida

En Setembro, tras o período estival, os centros singulares de investigación e os institutos de investigación como o IDIS, reinician a súa actividade formativa e de divulgación científica con diversos cursos e conferencias.

No CITIUS, o próximo luns, 3 de Setembro, ás 10:30, organízase o seminario, “Bidirectional Assistance in Human Robot Interaction”, mentres que o día 4 de Setembro, e á mesma hora, o seminario “Towards Motor Skill Learning for Robotics”.

E tamén dende o luns 3 de Setembro e ata o martes 4, o CITIUS, organiza o XIII Workshop of Physical Agents 2012, cuxo obxectivo é converterse nun foro de información e intercambio de experiencias en áreas diferentes con respecto ao concepto de axente en ámbitos físicos, especialmente aplicados ao control e coordinación de sistemas autónomos: robots, robots móbiles, procesos industriais ou sistemas complexos.

Por outro lado, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), continúa coa organización de seminarios de interese para investigadores da área sanitaria, comezando o día 13 co títulado “Trasladando a xenómica do cancro de mama á clínica”. Para coñecer máis acerca deste seminario ou dos próximos, infórmate na nosa axenda.

Estes son algúns dos eventos previstos para o próximo mes de Setembro, pero non son os únicos, outros organismos como o Instituto de Investigación Biomédica de Vigo (IBIV), ou os Centros Singulares de Campus Vida, CIQUS e CIMUS, tamén realizarán actividades formativas nos próximos meses e das que vos manteremos informados a través da nosa axenda e na nosa páxina de twitter e facebook.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.