Oferta de emprego: «Comunicador Científico» (segunda convocatoria)

A Rede de Centros Singulares de Investigación de Campus Vida (RCSI) abre un proceso de selección para incorporar un novo Técnico superior en Comunicación á súa Unidade de Prensa.


CiTIUS, CiQUS e CiMUS, os centros de investigación de Campus Vida –o campus de excelencia internacional da Universidade de Santiago de Compostela (USC)- poñen en marcha un proceso de contratación para incorporar á súa Unidade de Prensa un novo Técnico superior de apoio á investigación. A oferta, dirixida a profesionais da comunicación con experiencia ou científicos que acrediten actividades previas como divulgadores, materializarase nun contrato de traballo a tempo completo dun ano de duración, e estará enfocada ao desenvolvemento de accións de comunicación e divulgación científica no marco da actividade da Rede de Centros Singulares de Investigación da USC.

Os candidatos interesados en participar neste proceso selectivo deberán presentar a súa solicitude no prazo de 10 días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria oficial segundo o formato establecido no modelo anexo.

DATA límite: 26 de XANEIRO DE 2018

Requirimentos previos dos aspirantes

  • Grao ou titulacións anteriores equivalentes.

Fase de valoración

  • Curriculum vitae: valorarase formación de posgrao, publicacións, etc., 15 puntos.
  • Experiencia acreditada no eido da comunicación e divulgación científica, 30 puntos.
  • Inglés falado e escrito, 10 puntos.
  • Referencias (incluir no CV datos de contacto que poidan proporcionar referencias), 5 puntos.
  • Proba práctica de redacción en castelán ou galego e en inglés (limitada a candidatos que obteñan unha puntuación mínima de 40 puntos nos apartadosanteriores), 15 puntos.
  • Entrevista persoal (limitada a candidatos que obteñan unha puntuación mínima de 50 puntos nos cinco primeiros apartados), 25 puntos.

Tódolos detalles sobre a praza e o procedemento para concorrer a este proceso poden consultarse no documento íntegro dispoñible na web da Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT) da Universidad de Santiago.

Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Here's your chance to leave a comment!