O II Symposium ” In vitro” Models and Translational Research in Biomedicina, reuniu 130 investigadores

Expertos de Londres, Milán, París, Barcelona e Israel expuxeron modelos que simulan o que lle pasa ao paciente, modelos que reproducen enfermidades no laboratorio, co obxectivo de conseguir aplicacións para os pacientes.
No simposio sobre biomedicina organizado polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) no Aulario Novoa Santos, participaron 130 investigadores composteláns e relatores destacados como, Jane Mitchell de Londres, Alessandra Boletta de Milán, Danijela Vignjevic de París, Sonia Fernández-Veloso de Barcelona, e Angela Ruban de Israel.

Estes relatores referíronse a modelos nos que traballan de interese para áreas como cardioloxía, oncoloxía, nefroloxía, neurociencias e endocrinoloxía. Miguel A. García-González, do grupo de Nefroloxía doIDIS, un dos organizadores do evento, comento que todos utilizan modelos distintos, que poden ser importados doutras áreas e aplicados á que nos interese, para buscar a repercusión directa e o beneficio no paciente.

Os cinco relatores son investigadores de referencia internacional nos seus respectivos campos de traballo. Coa súa presenza en Santiagotamén se pretende xerar contactos con eses grupos europeos punteiros, para que xurdan novos proxectos, colaborar con eles e conseguir novos avances.

Nos laboratorios do IDIS desenvólvense xa varios modelos, e con estas sesións búscase «introducir outros máis complexos e sofisticados que simulen cada vez máis o que lle acontece ao paciente», matiza García-González. Tras o éxito destas dúas edicións vaise empezar a traballar xa nun novo simposio deste asunto en 2013, comenta.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.