O IDIS presenta o seu programa de axudas pre-doutorais para a realización de Tesis en Biomedicina e Ciencias da Saúde

O obxecto destas axudas é a formación de investigadores  een réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva de axudas predoutorais para a realización de teses de doutoramento no marco dos Grupos de Investigación pertencentes ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

A convocatoria está dirixida a titulados/as universitarios/as que desexen desenvolver a súa tese de doutoramento no eido da Biomedicina e as Ciencias da Saúde mediante a súa integración nun Grupo de Investigación pertencente ao IDIS.

O prazo de solicitude remata o vindeiro 15 de Outubro de 2011.

Se desexas maís información, preme AQUÍ ou descarga as bases
e formulario AQUÍFacebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.