O Grupo de catálise y materiales Organometálica Moleculares puntero en nanografenos

O grupo do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares, que dirixen os profesores Guitián Rivera, Pérez Meirás e Pena Gil, é especialista na síntese de PAHs de tamaño nanométrico. Estes materiais son de interese, especialmente nestes últimos anos debido ás súas propiedades únicas no campo dos materiais moleculares empregándose na fabricación de dispositivos electrónicos como os transistores orgánicos de efecto campo (OFETs), as células solares ou os díodos orgánicos emisores de luz (OLEDs).

A relación estrutural destes compostos co grafeno, “o material coas propiedades máis prometedoras”, segundo explicou Peña, confire maior interese á síntese e estudo destas moléculas. As súas propiedades están estreitamente relacionadas coa distribución dos electróns na estrutura molecular, de aí a importancia de visualizar detalles con resolución atómica.

A técnica desenvolvida permitirá identificar moléculas individuais con gran precisión e observar o seu comportamento químico e físico de forma illada, de maneira que supón unha poderosa ferramenta para controlar o noso ámbito na escala atómica, tal e como nos explicaron os investigadores.

O traballo realizado polo grupo de investigación do CIQUS, conta con financiamento de varios proxectos europeos como ARTIST, HERODOT e CEMAS, do Ministerio español de Economía e Competitividade e da Xunta de Galicia.

E tal e como se deu a coñecer o venres pasado, o artigo científico, titulado ‘Bond-Order Discrimination by Atomic Force Microscopy’, que afonda nesta investigación foi portada da revista Science.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.