O futuro ao microscopio…Desenvolvemento da gandaría ecolóxica: da sostibilidade á inclusión social

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigacións preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto coordinado dende a Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo e que sen dúbida está enfocado á adaptación dun sector de extraordinaria potencia na nosa comunidade ás novas demandas do consumidor e cun foco especial cara á integración social de discapacitados na industria.

Proxecto: Desenvolvemento da gandaría ecolóxica: da sostibilidade á inclusión social.

Grupo de investigación: COPAR (GI-2120) – Control de parasitos en animais e persoas: diagnóstico, prevención e tratamento

Institución: Facultade de Veterinaria de Lugo – Universidade de Santiago de Compostela

Investigador principal: Adolfo Paz Silva

O proxecto

A nosa investigación consistiu na análise das posibilidades de empregar esporas de fungos parasiticidas na fabricación de concentrado alimentario (penso) que se fabrica na granxa da asociación da Fundación PRODEME (Pro Deficientes Mentais) en Monforte de Lemos, co obxecto de facer posible que o control parasitario dos animais o realicen os membros desta asociación, e facilitar a explotación dos animais en condicións de gandaría ecolóxica. Todo iso incrementa a posibilidade de integración de diminuídos psíquicos nas tarefas de gandaría ecolóxica, redundando na sostibilidade e autosuficiencia de explotacións gandeiras en réxime ecolóxico.

Os resultados

A través deste proxecto, demostramos que os mellores resultados para a distribución dos fungos parasiticidas se obtiñan ao mesturar directamente as súas esporas coa fariña de penso durante a fase de secado. Como resultado destas conclusións estanse a tramitar dúas patentes na actualidade con cobertura a nivel europeo das innovacións desenvolvidas.

Por outro lado, e non menos importante, hai que destacar que, en todo momento, a colaboración dos diminuídos psíquicos foi completa.

Os colaboradores

Ao longo do proxecto colaboraron grupos internacionais de primeiro nivel nesta área de coñecemento que contribuíron a mellorar a relevencia dos desenvolvementos e ao enriquecemento multidisciplinar. Destacamos a Grupo de Investigación en Helmintos, do INIFAP (Cuernavaca, México) e Centro de Investigação Interdisciplinar em Saúde Animal, Parasitologia e Doenças Parasitárias, Faculdade de Medicina Veterinária, Universidade Técnica de Lisboa (CIISA/FMV/UTL) (Portugal).

Tamén hai que destacar a participación de compañías relevantes do sector como NANTA, S.A. (NUTRECO)

Para máis información:

Nome e Apelidos: Rita Sánchez-Andrade Fernández

Teléfono: 982822115

Email: rita.sanchez-andrade@usc.es

Cargo: Coordinadora do Grupo de Investigación COPAR (GI-2120)Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.