O futuro ao microscopio… Os nanomedicamentos: unha estratexia no tratamento integral do cancro

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto desenvolvido dende o CIMUS sobre os nanomedicamentos e a súa aplicación no tratamento do cancro.

Proxecto: Os nanomedicamentos: unha estratexia no tratamento integral do cancro

Grupo de investigación: Nanobiopharmaceuticals-CIMUS

Institución: Universidade de Santiago de Compostela

Investigador principal: María José Alonso Fernández

Proxecto

Os grupos dirixidos polos profesores M.J. Alonso, A. Vidal e R. Lópeztraballan conxuntamente un proxecto europeo que, facenda uso da nanotecnoloxía, pretende desenvolver terapias innovadoras para combater o cancro. Con estas novas terapias pretende actuar de forma selectiva e integral sobre distintas poboacións celulares, máis concretamente sobre as células canceríxenas e células do sistema inmune no ámbito tumoral, así como sobre as células metastásicas circulante. Para iso, formúlase o deseño de nanocápsulas capaces de asociar diferentes moléculas activas e liberalas de modo controlado nas correspondentes células Diana. Como moléculas activas seleccionáronse distintos axentes citostáticos, anticorpos monoclonais e siRNA.

Resultados esperados / obtidos

Desenvolvéronse diferentes nanovehículos (nanocápsulas) capaces de asociar o fármaco antitumoral docetaxel así como tamén moléculas miRNA. Ademais evidenciouse a capacidade das nanocápsulas para transportar fármacos a nivel do sistema linfático, así como a eficacia do tratamento nun modelo murino tumoral. Na actualidade estase a valorar a posibilidade de re-educar as células mieloides supresoras facendo uso da terapia xénica. Sobre a base dos resultados obtidos poderanse deseñar tratamentos combinados integrais, capaces de actual a nivel das células canceríxenas e das células supresoras do sistema inmune.

Cronograma

Unha fase deste proxecto conclúe en 2013, non obstante,deseablemente, o proxecto continuará cunha nova fase que involucra numerosas institucións a nivel internacional. Para iso, solicitáronse fondos a diversas institucións nacionais e internacionais.

Propiedade intelectual

Xerouse unha patente que protexe diversas composicións de nanocápsulas destinadas ao transporte de fármacos

Colaboradores e asociados ao proxecto

Ademais dos colaboradores internos da USC e do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, participa no proxecto EU -LYMPHOTARG- a Universidade de Angers e a Universidade deVerona. A segunda fase de proxecto estableceuse ademais en colaboración con outras institucións tales como o Hospital ValD’Hebron e o MD Anderson e diversas empresas.

Internacionalización e financiamento

Financiamento UE (Programa FP7)- Euronanomed

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.