O futuro ao microscopio… ObERStress: Hypothalamic lipotoxicity and endoplasmic reticulum stress: a new pathophysiological mechanism of obesity.

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto desenvolvido por Miguel López, dentro do grupo de investigación denominado NeurObesity, no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS).

Proxecto: ObERStress: Hypothalamic lipotoxicity and endoplasmic reticulum stress: a new pathophysiological mechanism of obesity

Grupo de investigación: NeurObesity

Institución: CIMUS (USC)

Investigador principal: Miguel López

 

Proxecto

A Obesidade e as súas comorbilidades asociadas están a alcanzar unhas proporcións pandémicas. É polo tanto demandante investigar e comprender os mecanismos fisiopatolóxicos que regulan o balance enerxético. Datos recentes, moitos deles do noso grupo, suxeriron que, ademais dos mecanismos Endócrinos e Neuroendocrinos clásicos, o metabolismo dos ácidos graxos no hipotálamo:
1) regula a inxestión de alimentos;
2) controla o metabolismo lipídico periférico e a homeostase da glicosa e
3) regula o gasto enerxético a través da modulación do programa termoxénico.

A conclusión global de todas estas evidencias é que a modulación do metabolismo lipídico hipotalámico é un mecanismo fisiolóxico clave que regula o balance enerxético. A pesar destas certezas, os detalles moleculares mediante os cales a alteración da composición lipídica hipotalámica modula o sistema central de control de enerxía, son completamente descoñecidas. Este proxecto céntrase elucidar os devanditos mecanismos. En concreto, formulamos que o desenvolvemento da alteracións no balance enerxético está asociado a cambios na concentración de lípidos complexos no hipotálamo que levarían aparición de lipotoxicidade e estrés de retículo endoplasmático (ER stress), tal e como acontece en tecidos periféricos (fígado, músculo e célula beta). Para iso, formulamos o uso de modelos animais, e experimentos de activación e ablación xenética baseada na administración esterotáxica de adenovirus no hipotálamo.

Resultados esperados e obtidos

Os resultados obtidos deste proxecto conducirán á identificación de novas vías e dianas para o tratamento da Obesidade e outras patoloxías do balance enerxético.

Cronograma

O proxecto encóntrase concluíndo a segunda anualidade. Estamos a comezar a desenvolver modelos animais modificados xeneticamente.

Propiedade intelectual

Xeramos dúas patentes relacionadas con outros proxectos anteriores a este. Do presente proxecto esperamos obter polo menos outra patente internacional.

Colaboradores e asociados ao proxecto

Investigadores de diversas institucións nacionais e internacionais, como a Universidade de Córdoba, a Universidade de Barcelona, Universidade deBergen (Noruega), Universidade de Iowa (US), Universidade deCambridge (UK).

Internacionalización

O proxecto está financiado polo European Reseach Council. A contía total da subvención ascende a 1.5 millóns de euros.Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.