O Futuro ao microscopio… O xene de susceptibilidade a cavernomas cerebrais CCM3 e a senescencia celular

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto coordinado dende o CIMUS que investigan para sobre o xene de susceptibilidade a cavernomascerebrais CCM3 e a senescencia celular.

Proxecto: O xene de susceptibilidade a cavernomas cerebrais CCM3 e a senescencia celular

Grupo de investigación: Bioloxía vascular

Institución: CIMUS

Investigador principal: Juan Zalvide Torrente

O proxecto

As persoas que teñen mudado o xene CCM3 teñen unha gran tendencia a desenvolver un tipo de malformacións vasculares chamadas cavernomas cerebrais. Nelas algúns vasos do cerebro cambian de forma e dilátanse demasiado, o que leva a risco de hemorraxias e outras complicacións.

Este proxecto empezou por un intento de entender como afectaba a falta de CCM3 ao comportamento das células endoteliais que normalmente forman os vasos sanguíneos utilizando técnicas de cultivo celular. Encontráronse coa sorpresa de que a falta deste xene afecta ao importante proceso de senescencia celular, que está moi implicado no desenvolvemento de tumores.

 Os resultados

As células que non teñen CCM3 non mostran o proceso de senescencia, o que pode facelas máis susceptibles a formar tumores. As persoas con mutacións en CCM3, ademais de cavernomas teñen unha susceptibilidade especial a desenvolver un tipo de tumor benigno chamado meningioma, e estase a estudar se o efecto que se observa en cultivo está implicado no desenvolvemento destes tumores. Tamén se estuda o mecanismo polo que CCM3 inflúe na senescencia, algo no que xa teñen resultados preliminares e que esperan completar no futuro inmediato.

Completaranse os experimentos de bioloxía fundamental nos próximos meses. O estudo dos efectos de CCM3 en meningiomas encóntrase nun estado máis preliminar

 Internacionalización

A parte internacional do proxecto estase a realizar en colaboración con dous grupos de investigación franceses e un alemán, e encóntrase financiada por unha axuda de tipo ERA-NET neuron.

 Para máis información:

 Nome e Apelidos: Juan Zalvide Torrente

 Teléfono: 881 815414

 Email: juan.zalvide@usc.es

 Cargo: Investigador principal

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.