O futuro ao microscopio…Materiais híbridos nanoestructurados para a fabricación de dispositivos sensores de gases

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto sobre materiais híbridosnanoestructurados para a fabricación de dispositivos sensores de gases.

Nome e apelidos: Massimo Lazzari

Centro de investigación: CIQUS – Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares

Institución: USC

Proxecto

A idea básica do proxecto consiste na posta a punto de metodoloxías para a fabricación de dispositivos poliméricos que se poidan usar como sensores selectivos de gases en microbalanzas piezoeléctricas.

Estas microbalanzas miden a masa mediante os cambios na frecuencia de vibración dun cristal de cuarzo ao ser perturbado pola adición dunha pequena masa, de feito poden ter unha sensibilidade na orde dos 0,1 nanogramos (é dicir unha décima dun mil millonésima de gramo, 10-10 gramos).

Resultados esperados

Fabricáronse películas dun material composite polimérico que presenta unha distribución controlada de nanopartículas de paladio ou de Fe3O4 que é apto para a fabricación de prototipos de sensores.

A nanoestruturación do plástico e as propiedades químicas das nanopartículas son capaces de realizar unha absorción selectiva de gases tales como o hidróxeno, permitindo finalmente a realización dos primeiros ensaios de absorción selectiva (e polo tanto medir o peso) de pequenas cantidades de gases usando as microbalanzas da empresa Novaetech, directamente involucrada no proxecto.
Unha das súas posibles utilizacións é a detección selectiva de compostos orgánicos volátiles contaminantes no aire.

Cronograma

Cada institución do consorcio internacional mixto universidade-empresa, participa en diferentes fases durante o período 2010-2013. Os traballos que corresponden directamente á USC finalizaron recentemente, mentres que a empresa Novaetech s.r.l finalizará os seus traballos de integración durante o 2013.

Propiedade intelectual

Parte dos coñecementos máis directamente relacionados coa aplicación e transferencia dos resultados do proxecto serán presentados e publicados en canto se cursen as correspondentes solicitudes de patente, o cal se está a estudar entre os socios do proxecto.

Colaboradores e asociados ao proxecto

Xunto coa USC participan as empresas Novaetech (Italia), NanogapSub-Nanómetro Powders (Galicia), así como grupos de investigación pertencentes á University of Warsaw (Polonia) e a Universitá deiNapoli (Italia).

Internacionalización

A configuración do consorcio internacionais indicado está financiada polo 7 Programa Marco da Unión Europea (e Xunta de Galicia) mediante o esquema ERA-NET, na convocatoria Matera +.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.