O futuro ao microscopio… Innopharma. Plataforma de farmacoxenómica aplicada á validación de dianas e descubrimento de fármacos candidatos a fases preclínicas no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS)

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto desenvolvido dende o CiMUS.

Nome e apelidos do investigador principal: María Isabel Loza García

Grupo de investigación: BioFarma

Institución: Centros de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da Universidade de Santiago de Compostela.

Proxecto

O proxecto INNOPHARMA é unha iniciativa de carácter moi singular na Universidade española, que se enmarca nas tendencias internacionais da investigación biomédica, con novas relacións de cooperación baixo o esquema de innovación aberta (open innovation).

INNOPHARMA intenta converter á Universidade de Santiago nun actor moi relevante neste novo escenario de innovación aberta. Actuando como un acelerador da innovación no ámbito da saúde dende a plataforma de descubrimento temperán de fármacos do CIMUS con dimensións de alcance internacional, con infraestruturas e capacidades competentes no ámbito europeo que facilitará a cooperación científica entre grupos de investigación multidisciplinares de carácter público (Open Science), e entre éstes, empresas biotecnolóxicas e a industria Farmacéutica, nun marco de innovación aberta e levará a cabo proxectos que permitan trasladar o coñecemento público en novas dianas terapéuticas á valorización mediante a súa aplicación a programas de descubrimento de fármacos.

Resultados esperados e obtidos

  1. Ampliar as capacidades existentes e desenvolver actividades de I+D+i no ámbito do descubrimento temperán de fármacos en Galicia, permitindo a formación de persoal altamente especializado, así como a xeración de novo coñecemento avanzado, que poderán ser transferidos ao sector industrial.
  2. Creación de novos programas-empresas baseados no coñecemento ao abeiro do proxecto, que permitan atraer transferencia do sector farmacéutico.

Cronograma

Neste momento estase a finalizar a ampliación da plataforma coa adquisición, instalación e posta en marcha das infraestruturas necesarias para executar o proxecto. Comezouse coa identificación de novos programas de descubrimento de fármacos e a compleción da quimioteca de 60.000 compostos para busca de hits sobre as dianas candidatas.

Propiedade intelectual

Espérase xerar patentes internacionais e paneis tecnolóxicos validados de forma estable e continuada.

Colaboradores e asociados

Existen oito empresas biotecnolóxicas e farmacéuticas que actúan como EPO neste proxecto.

Internacionalización

Asináronse acordos de colaboración con empresas e grupos de investigación internacionais e a través de proxectos internacionais hai oito empresas farmacéuticas e dez institucións públicas asociadas ao proxecto.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.