O futuro ao microscopio…GLOWASIS: Unha ferramenta de Información Global sobre a escaseza de auga

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto chamado GLOWASIS: Unha ferramenta de Información Global sobre a escaseza de auga

Un dos maiores problemas medioambientais hoxe en día é a chamada escaseza de agua causada polo desequilibrio entre a dispoñibilidade e a demanda de auga. Esta falla está moi ligada ao desenvolvemento económico (dadas as maiores necesidades de auga) e ao mesmo tempo ten grandes impactos económicos na sociedade provocando a perda das colleitas, a baixa calidade da auga de consumo, os incendios forestais ou inclusive o descenso na xeración de enerxía hidroeléctrica. Este stress hídrico aínda é maior se consideramos o aumento e a intensidade das secas nas últimas décadas provocadas polo cambio climático. Non obstante, a pesar dos efectos da suba das temperaturas e o descenso de precipitacións, en moitas ocasións estas secas están moi relacionadas coa mala xestión dos recursos hídricos.

Isto xerou unha maior preocupación por mellorar a xestión dos recursos hídricos e por tal motivo a desenvolver por todo o mundo Redes de Observación que, non obstante, proporcionan datos moitas veces incompletos ou incompatibles sobre a calidade e cantidade de auga que dificultan unha axeitada xestión dos recursos hídricos ou mesmo a predición de necesidades futuras.

Polo tanto, faise necesario dispor de información fiable sobre o estado do recurso e como cambia en resposta a factores externos como o cambio climático e o uso da auga e da terra. Igualmente, é importante que esa información estea dispoñible para os actores encargados de implementar unha adecuada xestión e para outros posibles usuarios, fundamentalmente científicos, e público en xerall.

O proxecto

O proxecto ten como obxectivo validar un Servizo Global, asociado aos que proporciona o proxecto europeo GMES (Global Monitoring for Environmentand Security), que subministre información sobre a escaseza de auga. Así, o proxecto céntrase en combinar a información derivada do ciclo da auga con datos obtidos in-situ e por observación via satélite asi como datos de series estatísticas sobre demanda de auga co fin de crear un portal que permita dar información global sobre a escaseza de agua.

Este portal pretende fomentar unha maior concienciación nos gobernos, organizacións ou autoridades xestoras de recursos hídricos, industria e público en xeral sobre a complexidade científica do problema da escaseza de auga, aumentar a interoperatividade cos servizos de Observación da Terra, de GMES ou de plataformas de xestión da auga existentes na actualidade, e promover no ámbito científico o desenvolvemento de métodos innovadores de observación dos parámetros do ciclo da auga, todo ilo considerando a importancia das necesidades dos usuarios finais de dita información..

Colaboración internacional

Para acadar os objetivos plantexados estableceuse un consorcio internacional de 11 entidades (3 centros de investigación gobernamentais e da industria, 4 universidades, 2 centros de investigación dependentes da Comisión Europea, e 2 empresas) pertencentes a 8 países diferentes que traballan en tres bloques de actividade centrados en 1) a creación dunha maior conexión entre as autoridades xestoras dos recursos hídricos, a comunidade científica e o público en xeral; 2) a conexión e interoperatividade do protal GLOWASIS e os servizos de observación terrestre e plataformas de xestión de agua existentes e 3) o desenvolvemento de novos métodos e capacidades de observación e información.

A USC participa a través do Grupo de Física non Lineal que traballa entre outras liñas de investigación na modelización numérica da hidroloxía e das interaccións aire-terra e o seu impacto sobre o clima local. A súa experiencia en estudos de modelización do clima rexional, especialmente do ciclo da auga, e na investigación climatolóxica é fundamental para o desenvolvemento de novos métodos de observación dos parámetros do ciclo da auga.

Resultados esperados

O principal resultado é a creación dunha infraestrutura innovadora que ofreza un servizo de información centrado no estudo da escaseza de agua. Por outra banda, o feito de conectar diferentes servizos relacionados coa Observación da Terra coas comunidades de usuarios como o portal WISE-RTD (Water Information System for Europe) promoverá un maior uso dos mismos. Igualmente, GLOWASIS creará os medios para definir e promover directrices que permitan o tratamento e combinación de diferentes tipos de datos (como in-situ – satélite, estatístico-físico, satélite-satélite, …).

En ultima instancia, GLOWASIS permitirá dispor de información fiable sobre a que fundamentar a toma de decisións relacionadas coa xestión dos resursos hídricos.

ENLACES

Proxecto GLOWASIS

Grupo de Física no lineal

GMES

WISE-RTD

 Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.