O futuro ao microscopio… Diseño de memorias Flash no volátiles resistentes a radiaciones con aplicaciones espaciales (SkyFlash)

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto cuxo obxectivo é o deseño de memorias Flash non volátiles resistentes a radiacións con aplicacións espaciais.

Todos escoitamos falar nalgún momento da Estación Espacial Internacional (unha estación espacial tripulada, pero tamén centro de investigacións), ou das sondas espaciais (Voyager ou New Horizons) enviadas ao espazo para estudar os corpos do Sistema Solar ou mesmo do conxunto de satélites utilizados para facilitar as comunicacións (Hispasat) ou subministrar información meteorolóxica (Meteosat ) e máis recentemente, os asociados ao gran proxecto europeo Global Monitoring for Environment and Safety (GMES) para dotar a Europa dunha capacidade operativa e autónoma de Observación da Terra e dispor de información relacionada co medio ambiente e a seguridade.

Na fabricación e deseño destes satélites requírese dunha gran variedade de dispositivos electrónicos que sexan capaces de almacenar unha gran cantidade de información. Ábrese así un nicho de mercado moi interesante para as empresas de electrónica que, non obstante precisa duns requisitos de alto nivel, non cubertos na actualidade coa electrónica de consumo estándar. Fundamentalmente, estes requisitos son a resistencia á radiación, a resistencia mecánica (durante o lanzamento do satélite) e a resistencia térmica. Xa que as necesidades de produción destes dispositivos para o “mercado espacial” non é moi grande, o interese por desenvolver tecnoloxías base axeitadas aos mesmos é baijo, existindo unha falla importante neste ámbito.

O proxecto

O proxecto ten como obxectivo definir unha metodoloxía consistente para o deseño de memorias non volátiles (Flash) resistentes ás radiacións e coas características estándar das producidas para os dispositivos electrónicos de consumo.

Na actualidade existen basicamente dúas tecnoloxías específicas (chamadas Radiation Hardening) para aumentar a resistencia ás radiacións dos dispositivos electrónicos: unha céntrase no desenvolvemento de procesos específicos de fabricación que son moi caros e tansó abarcables polas grandes empresas, mentres que a segunda baséase no deseño, máis baratas e que poden permitir a un maior número de empresas desenvolver deseños e arquitecturas específicas que permitan atenuar os efectos da radiación sobre os dispositivos electrónicos.

Por outra banda, é de interese para o proxecto utilizar algún dos procesos estándar máis usados na fabricación de circuitos integrados para os produtos electrónicos de consumo, como o proceso CMOS.

Colaboración internacional

Para acadar os objetivos plantexados estableceuse un consorcio internacional de 8 entidades (2 empresas do sector electrónico e 6 universidades) pertencentes a 6 países diferentes que, organizados en dous equipos relacionados, traballarán por unha banda no deseño físico e na fabricación dos dispositivos electrónicos e por outra na realización dos ensaios necesarios para validar a resistencia real dos mesmos.

A USC participa a través do Grupo de Investigación en Radiofísica (GIR) recoñecido no campo da detección de radiacións e que tamén ten liñas de investigación centradas nas aplicacións das radiacións ionizantes tanto no ámbito médico (radioterapia) como industrial (instrumentación para ensaios non destrutivos).

Resultados esperados

O principal resultado é cualitativo e céntrase en diminuir a actual dependencia non europea de tecnoloxías claves para a súa aplicación no espazo.

Por outra banda, a resistencia a radiacións non só é de aplicación no espazo senón tamén en experimentos de física de altas enerxías e, neste senso pódense suliñar todos os sistemas electrónicos utilizados nos aceleradores de partículas como o LHC do CERN que na actualidade ten que desenvolver os seus propios dispositivos.

Deste xeito, pódese abrir unha vía para o desenvolvemento dun sector de alta tecnoloxía no que se obteñan novas aplicacións a partir das tecnoloxías desenvolvidas para o seu uso no espazo.

ENLACES

Proxecto SkyFlash

Grupo de Investigación en Radiofísica (GIR)

Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.