O futuro ao microscopio… Desenvolvemento de tecnosoles para a súa aplicación en obra civil

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto coordinado dende o Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola que investigan sobre o desenvolvemento de tecnosoles para a súa aplicación en obra civil.
Proxecto: Desenvolvemento de tecnosoles para a súa aplicación en obra civil

Grupo de investigación: Ambiosol: Cartografía de chans e paisaxes,fisico-química, degradación e recuperación de chans e augas. (Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola)

Institución: USC

Investigador principal: Felipe Macías Vázquez

O proxecto

O obxectivo do presente proxecto é definir e estudar as diversas aplicacións da utilización dos denominados tecnosuelos como solución ambiental das obras civís.

Por un lado a enxeñaría civil produce residuos que poden servir de base para a creación de tecnosuelos e por outro estes chans artificiais poden ter múltiples aplicacións nas obras.

Se trata pois en definitiva de usar residuos de construción mesturados con produtos químicos e mediante procesos de maduración empregalos noutras zonas da obra solucionando problemas habituais. Deste modo prodúcese un dobre aforro económico, por un lado o proceso de traslado de residuos a vertedoiro supón un custo que se evita actuando.

Os resultados

A grande innovación deste proxecto é empregar a tecnoloxía dostecnosoles que ata agora veu empregándose con éxito na recuperación de espazos degradados ambientalmente a diferentes tipos de solucións ambientais de obra civil. Como exemplos de aplicación pódense enumerar: tratamento de noiros de terrapléns e escavacións, corrección de bases e sub-bases de infraestruturas con alto contido en xesos e arxilas inchables, rexeneración de chans en áreas zonas contaminadas industrialmente ou con materiais xeolóxicos cuxa exposición á intemperie cause problemas ambientais, rexeneración de zonas degradadas, restauración ambiental e paisaxística, execución de filtros verdes, urbanizacións, reciclaxe de balastro ferroviario, reciclaxe de aglomerado asfáltico fresado, etc.

Cabe destacar que este proxecto permitirá valorizar residuos de construción con notables vantaxes económicas e ambientais respecto ás prácticas actuais.

Fase na que se encontra o proxecto

Proxecto INNPACTO concedido polo Ministerio segundo a Resolución Definitiva recibida o 17/12/2012. O proxecto comeza en xullo de 2012 e finalizará en decembro de 2015.

Colaboradores

O coordinador o proxecto é a empresa COMSA, SA. A súa participación no proxecto débese á súa propia esencia de grande empresa construtora. Pois a súa principal actividade construtora permítelle aplicar en obra o resultado dos estudos desenvolvidos acerca dos TECNOSUELOS. Se a execución do proxecto resulta en solucións máis optimizadas, COMSA beneficiarase diso, ofrecendo ao cliente e á sociedade obras con maior calidade técnica evitandosobrecostes.

Socio do proxecto, a USC: O Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental (LTA) forma parte do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago. Especializouse no deseño de tecnoloxías e procedementos para a mellora da Calidade Ambiental e a optimización do aproveitamento dos Recursos Naturais, con especial énfase nos labores de recuperación de chans, augas e ecosistemas degradados con técnicas innovadoras baseadas na aplicación dos coñecementos da Ciencia do Chan e o incremento da eficiencia das funcións produtivas e ambientais dos chans.

A colaboración no proxecto regúlase a través dun acordo de consorcio asinado entre COMSA e a USC no momento da solicitude do proxecto.

Internacionalización

O grupo COMSA EMTE está potenciando en boa medida a súa presenza no estranxeiro, co que calquera medida que poida incrementar a súa competitividade internacionalmente lle é de vital importancia, tanto para encontrar novas vías de abertura de novos mercados coma para mellorar estabilizarse en mercados xa abertos. O desenvolvemento deste proxecto permitiríalle ofrecer solucións máis competitivas que outras empresas do sector.

Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.