O futuro ao microscopio… Deseño de polímeros helicoidais intelixentes con resposta controlada a estímulos externos

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un novo proxecto: Deseño de polímeros helicoidais intelixentes con resposta controlada a estímulos externos

Nome e apelidos: Félix Freire

Grupo de investigación: Ricardo Riguera/Emilio Quiñoá

Institución: CIQUS (Universidade de Santiago de Compostela)

Proxecto

Os polifenilacetilenos helicoidais son un tipo de polímeros dinámicos constituídos por hélices cuxo sentido de xiro pode ser modificado unha vez o material foi sintetizado mediante a aplicación de estímulos externos como son a temperatura, o pH do medio, a luz ou substanciasquirales.

No noso grupo de investigación lévase a cabo tanto, o deseño e a síntese de polímeros sensores que responden a novos estímulos (ións metálicos, polaridade e carácter dador de disolventes, etc.), como, a busca de novos materiais baseados en procesos de nanoestruturación que mediante a combinación de distintas propiedades (ópticas, condutoras, magnéticas, encapsulantes…) dan lugar a nanocápsulas, nanoesferas, estereocomplexos e outros nanocompostos con comportamento multifuncional e con aplicacións en diversas áreas científicas.

Resultados esperados

O deseño racional de monómeros permitiu o desenvolvemento de polímeros sensores que responden de xeito selectivo á valencia de ións metálicos. Ademais, aproveitouse a capacidade dos metais de entrecruzar cadeas poliméricas para xerar nanoestruturas de tamaño equiralidad controlada (complexos metal-polímero helicoidal) e de capacidade encapsulante.

Novos deseños permitiron xerar un sensor helicoidal de polaridade e do carácter dador de disolventes que permite discernir entre 4 sistemas diferentes do medio: dador/polar, dador/apolar, non dador/polar, non dador/apolar.

Cronograma

O proxecto encóntrase en fase de desenvolvemento, en concreto, na preparación e avaliación de novos polímeros que respondan de xeito selectivo a novos estímulos, e de estruturas que dean lugar a novos materiais nanoestructurados (por ej., estereocomplexos).

Nunha seguinte fase do proxecto analizaranse os mecanismos de transmisión da información estrutural a través da hélice: teleindución ou indución directa, así como diferentes mecanismos de amplificación de quiralidad (sentido de xiro da hélice). Tamén se estudará a incorporación de novas propiedades (por ej., condutoras) aos sistemas.

Propiedade intelectual

Espérase a futura xeración de patentes no campo de sensores químicos e físicos debido a que a resposta destes polímeros, nanoesferas, etc. a diferentes estímulos externos fai que se comporten como excelentes sensores.

Así mesmo, as propiedades encapsulantes mostradas polas nanoesferas xa xeradas (de materiais magnéticos, de fluoróforos, de quantumdots…) probablemente xerarán patentes de aplicación noutras áreas.

Colaboradores

Aínda que a liña de investigación é moi recente, establecéronse xa colaboracións con grupos de investigación a nivel nacional (Universidade de Barcelona, Universidade de Málaga, etc.).

Actualmente estanse a explorar colaboracións e transferencias de tecnoloxía fóra das nosas fronteiras.

Internacionalización

Trátase dun proxecto novo, pero do cal xa se están a recoller os seus primeiros éxitos, incluíndo varios artigos que foron especialmente destacados e portada en varias das revistas máis importantes do ámbito da química. Isto sen dúbida facilitará establecer relacións con institucións e empresas foráneas.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.