O futuro ao microscopio…Análise genómico estrutural e mapeo comparativo de rodaballo aplicado á mellora en acuicultura.

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto desenvolvido dende o AcuigenNome e apelidos: Carmen Bouza Fernández

Grupo de investigación: Acuigen

Institución: Universidade de Santiago de Compostela

Proxecto

As novas tecnoloxías de análise dos xenomas fóronse incorporando á mellora produtiva e sanitaria en animais domesticos tradicionais nos últimos anos, non obstante o seu desenvolvemento foi notablemente inferior no ámbito de especies en acuicultura.

Neste proxecto perseguiuse avanzar no coñecemento do xenoma do rodaballo (Scophthalmus maximus), un peixe plano de grande importancia comercial na piscicultura europea, para afondar na base xenética de trazos de interese produtivo como a determinación sexual, a resistencia a patóxenos e a taxa de crecemento, tamén relevantes para a análise evolutiva comparada en peixes e vertebrados.

Resultados esperados / obtidos

Avanzamos no coñecemento estrutural do xenoma de rodaballo e a súa correspondencia con outros xenomas de peixes e vertebramos. Cartografáronse un gran número de marcadores e xenes sobre cromosomas e bibliotecas de ADN da especie. Ademais identificáronse rexións cromosómicas de alta conservación evolutiva en peixes, que posibilitan acceder á información genómica xa dispoñible en organismos modelo para o seu aproveitamento aplicado a trazos produtivos en rodaballo e outras especies en piscicultura.

Cronograma

O proxecto finalizou en Decembro de 2012, pero os avances derivados deste incorporáronse a novos proxectos que perseguen afondar no coñecemento genómico e a súa aplicación industrial para a mellora xenética de trazos de interese produtivo en rodaballo e outros peixes planos de importancia comercial.

Propiedade intelectual

En 2011 o noso grupo de investigación Acuigen patentou en España un método de sexado xenético precoz en rodaballo, aplicado actualmente en proxectos de investigación industrial para a mellora xenética do sector. Nun futuro próximo, esperamos xerar novos métodos potencialmente patentables, incorporando os avances máis recentes no coñecemento genómico da determinación do sexo en rodaballo e peixes planos.

Colaboradores e asociados ao proxecto

Na realización deste proxecto establecéronse colaboracións con diferentes grupos investigadores a nivel nacional e internacional, incluíndo a Universidade de Santiago de Compostela, a UniversidadeComplutense de Madrid, a Universidade de Granada e a UniversidadeEstadual Paulista en Brasil. Ademais reforzouse a relación co Cluster de Acuicultura de Galicia, interesados na transferencia industrial do coñecemento á mellora produtiva neste sector.

Internacionalización

A liña de traballo deste proxecto incorporouse nun proxecto do VII programa marco da Unión Europea con título AquaTrace, que persegue avaliar o impacto xenético sobre as pequerías salvaxes das principais especies de acuicultura en Europa (salmón, troita, rodaballo, dourada, robaliza), e no que participan un total de 23 entidades no ámbito investigador e empresarial.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.