O futuro ao microscopio… ADEGA – Enriquecemento e clasificación de contidos de aprendizaxe

Coñece de primeira man como será o futuro. Os nosos investigadores preséntanche as súas liñas de investigación máis prometedoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida e a xerar emprego, riqueza e desenvolvemento social e económico.

Hoxe presentámosvos un proxecto desenvolvido dende o CITIUSsobre o enriquecemento e clasificación de contidos de aprendizaxe.

Proxecto: ADEGA – Enriquecemento e clasificación de contidos de aprendizaxe

Grupo de investigación: Grupo de Sistemas Intelixentes

Institución: CITIUS (USC)

Investigador principal: Manuel Lama Penín

Proxecto

A creación de contidos de aprendizaxe é un proceso arduo, que require da participación de expertos no campo de interese, e no que actualmente non existen ferramentas de propósito xeral que reduzan o esforzo necesario para crear contidos de calidade. O obxectivo do proxecto é facilitar o enriquecemento automático dos contidos de aprendizaxe, facendo uso de repositorios de datos enlazados (linkeddata) que dispoñen de información de calidade sobre os temas de interese.

Resultados esperados e obtidos

O resultado do proxecto consistiu en ADEGA, un software para a etiquetaxe, clasificación e enriquecemento automático de contidos formativos que é independente do repositorio de datos enlazados. Actualmente, ADEGA aplicouse con éxito ao enriquecemento de contidos orientados a ensino primario, e á formación no campo doemprendimiento.

Cronograma

A versión dispoñible de ADEGA utiliza a DBPedia como repositorio de datos enlazados. Deste modo, pódense anotar e enriquecer documentos de propósito xeral. Non obstante, na actualidade estase a traballar nunha nova versión que xeneralice o proceso de anotación e enriquecemento para dar cabida a calquera repositorio de datos enlazados.

Propiedade intelectual

Realizouse a solicitude de propiedade intelectual da versión actual de ADEGA.

Colaboradores e asociados ao proxecto

ADEGA desenvolveuse no marco dun proxecto de colaboración coa empresa Netex Knowledge Factory.

Internacionalización

Está previsto que a parte internacional do proxecto se realice no contexto de proxectos de investigación europeos, no ámbito das tecnoloxías informáticas aplicadas ao e-learning.

Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.