O CIQUS contará dende mañá mércores e ata o xoves coa visita do físico Paul Tavan

Mañá mércores, o CIQUS, organiza a conferencia titulada, “Conformational changes in BLUF domains”, impartida polo prof. Paul Tavan, enmarcada dentro do ciclo de conferencias “Frontiers inScience” de Campus Vida. A conferencia terá lugar en aula seminario do edificio CIQUS, ás 12 do mediodía.
O Profesor Paul Tavan, permanecerá dous días no CIQUS. Mañá mércores, presentará unha análise teórica dos espectros de vibración do cromóforo flavina mediante a aplicación da Teoría do Funcional de Densidade (DFT) á Flavina integrada no modelo de mecánica molecular (MM) da súa proteína e o medio disolvente.

Ao día seguinte, xoves, 11 de outubro, o CIQUS será a sede dun seminario de Físico-Química no cal o Profesor Tavan e os investigadores CIQUS expoñerán e debaterán acerca dos seus últimos traballos.

O encargado de impartir a conferencia, Paul Tavan estudou física na Universidade de Würzburg (Alemaña) e actualmente é Profesor da Ludwig Maximilian Universität München.

O profesor Tavan, realizou a súa Tese Doutoral no Instituto Max-Planck de Química Biofísica de Göttingen e na Universidade deGöttingen. Defendeu a súa Tese en 1978. Realizou estanzas postdoutorais en Göttingen e no Instituto de Química Física e Química Cuántica da Freie Universität Berlin.

Entre 1981 e 1982 traballou na Universidade de Cornell (Ithaca, NY, USA). Recalou na Technische Universität München, onde defendeu a súa Habilitación en 1988 e fundou o grupo de Biofísica Teórica.

 Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.