O CIQUS celebra a xornada “Estratexias de Internacionalización para un Campus de Excelencia”

O próximo Xoves, día 3 de Mayo, no Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), as 11:00 da mañana, comenzará a xornada “Estratexias de Internacionalización para un Campus de Excelencia”.

A xornada, enmarcada dentro do Campus Vida, plantéxase co fin de facer visible entre os investigadores da USC o valor de definir estratexias de internacionalización integrando obxectivos e capacidades tanto de investigación como de docencia, formación de investigadores e mobilidade. A presentación, na que contaremos co Prof. Juan José Moreno Navarro, catedrático da Universidade Politécnica de Madrid, ex-Director Xeneral de Política Universitaria, vai dirixida a fomentar e dinamizar a internacionalización dos grupos de investigación, poñendo en valor os resultados que se xeran e proxectando experiencias de éxito, así coma dar as claves para definir estratexias e liñas de internacionalización integradas, utilizando os diferentes mecanismos dispoñibles, sen entrar no detalle dos recursos e ferramentas que ofrecen os distintos programas e convocatorias, pero si explicando o seu uso e rendabilidade.

Se queres saber máis información preme AQUÍ.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.