O CiMUS acolle a posta de longo da Unidade Mixta contra a dor crónica

O pasado luns, o CiMUS acolleu a presentación oficial da Unidade Mixta entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a farmacéutica Esteve, impulsada polo grupo Biofarma e avalada pola Axencia Galega de Innovación.

Entre outros moitos representantes do sector, no acto estiveron presentes Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, e Juan Viaño, rector da USC; ambos os dous coincidiron en sinalar o valor da inciativa, agradecendo aos promotores o traballo desenvolvido polas dúas institucións ao longo dos últimos anos e salientando a singularidade público-privada do proxecto.

Mabel Loza, directora de ‘Biofarma’, presentou aos asistentes a Unidade Mixta do seu grupo con Esteve. / Foto: Andrés Ruiz.

«Avanzar na transferencia de coñecemento»

O conselleiro de Economía e Industria felicitou os promotores da iniciativa. / A. Ruiz.

IMG_9491

Juan Viaño, reitor de USC, salientou o valor da investigación realizada na Universidade. / A. Ruiz.

Francisco Conde referiuse ás Unidades Mixtas como “un instrumento ao servizo dos centros de investigación e os centros produtivos para avanzar na transferencia de coñecemento”. Como os catro obxectivos clave da Unidade Mixta Esteve-USC, citou: “reforzar a alianza cunha multinacional como Esteve, potenciar a actividade do mellor talento que reúne a USC, impulsar a creación de medicamentos ao servizo da sociedade e consolidar a industria galega coa creación de emprego de alta cualificación”.

Pola súa banda, o reitor Juan Viaño definiu a Unidade Mixta como “un programa público innovador, onde a universidade, o goberno galego, a industria e a investigación pública de excelencia van da man na cooperación ciencia-industria”. Apelou á necesidade de compartir o coñecemento e consolidar un modelo de I+D en rede, que permita competir ao máis alto nivel científico e tecnolóxico.

O obxectivo fundamental desta alianza, que representa un salto cualitativo na liña de colaboración que dende hai anos manteñen Biofarma e Esteve, é o de xuntar esforzos na procura e desenvolvemento de novos fármacos para o tratamento da dor crónica, un dos motivos de consulta máis frecuente en atención primaria (22%) segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Cun horizonte de tres anos e un presuposto inicial de tres millóns de euros, a Unidade Mixta espera acurtar os prazos na obtención de resultados e abrir as portas á comercialización dunha nova xeración de medicamentos analxésicos, máis eficaces, seguros, e que abrangan un maior espectro de tipoloxías de dor. Os promotores desta Unidade agardan tamén un impacto económico e sanitario elevado, grazas á creación de emprego de alta cualificación e ao desenvolvemento de novas tecnoloxías predictivas.

Facebooktwitterlinkedinmail

Here's your chance to leave a comment!