O CHUAC, da Coruña, aplica os últimos avances en xenómica para personalizar o prognóstico e tratamento en caso de cancro gástrico

Hai un par de semanas o estudou que realizaron máis de 400 científicos de todo o mundo, na comprensión do funcionamento do xenoma humano. No que se coñece como proxecto ENCODE. Este equipo de investigadores biomédicos, entre eles varios españois, descubriu que a maioría do que agora se coñecía como “ADN lixo” é, en realidade, información útil e importante. De feito, é esencial para que os xenes humanos funcionen xa que regula a súa actividade. Pero isto necesita unha tradución a nivel da cidadanía, é dicir, que beneficio se obterá e como conseguirá mellorar a saúde da poboación.

Pois ben, o equipo de oncoloxía trasnacional do CHUAC, leva dende o 2006 traballando na capacidade de diagnóstico dos micro-RNA o que, dito doutro xeito, significa que os médicos-investigadores analizan o sangue do paciente e segundo o número de certas secuencias de ARN concretas que esta teña poden determinar a gravidade do tumor gástrico e actuar en consecuencia.

A revista Journal of Translational Medicine, publicou as súas conclusións a mesma semana que o mundo coñecía a terminación da Enciclopedia dos Elementos do ADN (Encode).

Manuel Valladares, o investigador principal, explica que o obxectivo do seu estudo era poder aplicar aos pacientes os coñecementos que foron xurdindo nos últimos anos sobre o ADN.

Baseándose en que un dos maiores problemas dos oncólogos é coñecer o prognóstico do paciente, o equipo de Valladares preguntouse que define a maglinidad dun tumor. O tamaño, os ganglios afectados e se chegou a outros órganos non o predí todo. Así, a presenza de micro-RNA por enriba de certo nivel en sangue só encontrouse en pacientes con cancro gástrico e se superan determinadas cantidades teñen máis do dobre de risco de que o tumor se reproduza. Isto, sumado a toda a información do tumor, permítelles deseñar a mellor terapia para cada paciente.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.