O catedrático da USC Juan Granja, galardoado coa medalla Ignacio Ribas da Real Sociedade Española de Química

O catedrático do Departamento de Química Orgánica e investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CIQUS), Juan Granja, foi recoñecido polo Grupo de Química Orgánica da Real Sociedad Española de Química (RSEQ) coa medalla Ignacio Ribas 2014, unha distinción coa que premian cada ano a traxectoria profesional dun químico orgánico español. O acto de entrega terá lugar na próxima reunión do RSEQ en Alicante.

O grupo de Química Orgánica, formado por 700 socios pertencentes a universidades e outros centros de investigación españois, recoñece así as contribucións realizadas polo profesor Granja e o seu equipo no ámbito dos procesos de autoensamblaxe molecular, especificamente no deseño de nanotubos peptídicos con novidosas propiedades. O uso de gamma aminoácidos cíclicos permite preparar estruturas con cavidades internas funcionalizables, o que posibilita controlar certas propiedades a demanda. Ambos proxectos teñen en común o emprego de diversos metais para levar a cabo as sínteses convalentes e supramoleculares. O grupo que dirixe o profesor Granxa traballa nun dos grandes retos da química orgánica sintética actual.

Medallas Ignacio Ribas
As medallas Ignacio Ribas creáronse en 2010 para premiar anualmente a excelencia dun químico orgánico español polo seu cometido científico dos últimos cinco anos. O galardón toma o seu nome do que fora catedrático da USC desde 1942 e durante máis de trinta años. En anos anteriores recibiron o galardón os profesores Fernando P. Cossío (da Universidade do País Vasco), Carlos Saá (tamén da USC-CIQUS) e Miguel Ángel Sierra (da Universidade Complutense de Madrid).Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.