Exploran a aplicación en terapia xénica de novos polímeros deseñados no CiQUS

Científicos do  CiQUS e a Universidade de Birmingham desenvolven un novo e rápido método de síntese para o transporte de ADN a través das bicapas lipídicas da membrana celular

foto_web_galmontenegroFalar de materiais na actualidade é falar de polímeros. Moitos dos obxectos que hoxe nos rodean non existirían –polo menos, non tal e como os coñecemos- de non ser por este tipo de moléculas de gran tamaño, protagonistas de numerosos procesos biolóxicos (o ADN, libro de instrucións da vida é, por exemplo, un dos polímeros máis célebres).

A estrutura dos materiais poliméricos está composta por unidades repetitivas que almacenan información codificada sobre a súa composición química, o que facilita que poidan ser empregadas como modelo para imitar distintas funcións biolóxicas –ou mesmo influir sobre elas-.

Con este propósito in mente, un equipo de científicos liderado polo investigador ERC do CiQUS Javier Montenegro, en colaboración co Dr. Fernández-Trillo (Universidade de Birmingham) presenta agora un novo traballo que describe a modificación dunha librería polimérica para a activación dun polímero destinado ao transporte de nucleótidos a través da membrana celular. A principal singularidade deste novo protocolo –coñecido como in situ– é que a activación do polímero se realiza a través de reaccións químicas dinámicas en condicións fisiolóxicas (é dicir, en presenza de auga) non requirindo os produtos finais de purificación.

Servíndose desta metodoloxía, os investigadores conseguiron activar os polímeros destinados ao transporte de ADN a través de bicapas lipídicas de forma moi rápida, obtendo un comportamento en membranas modelo que resultará determinante na posta en marcha dos ensaios iniciais en membranas celulares reais para o transporte de ARN interferente.

Os resultados do traballo, destacado na portada da revista Angewandte Chemie, revelan este novo mecanismo de síntese como unha sorte de ‘terapia xénica’ que permite a transmisión de material xenético para a desactivación da síntese da proteína seleccionada; por outra banda, os polímeros desenvolvidos non amosaron toxicidade en células HeLa humanas, o que senta as bases para aplicar esta tecnoloxía no ámbito da detección masiva de polímeros bioactivos en terapia xénica, así como noutras áreas de interese biolóxico, como o desenvolvemento de polímeros antimicrobianos

Nota técnica

Os investigadores publicaron un novo método para detectar a actividade biolóxica de polímeros funcionais a través dun grao consistente de polimerización e in situ, é dicir, en condicións acuosas e covermontenegro2sen purificación ou aillamento dos polímeros candidatos. A funcionalidade química dun andamio poli(acriloil hidrazida) activouse en condicións acuosas empregando aldehídos sinxelamente dispoñibles para obter polímeros anfifílicos. A actividade de transporte dos polímeros resultantes pódese avaliar in situ empregando membranas modelo e células vivas sen a necesidade de aillamento e purificación tediosas.

Esta tecnoloxía permitiu a rápida identificación dun vector polimérico supramolecular cunha excelente eficacia e reproducibilidade para a entrega de siARN en células humanas (HeLa-EGFP). O método descrito constitúe un modelo para o cribado de alto rendemento e para o futuro descubrimento de novos materiais funcionais poliméricos con importantes aplicacións biolóxicas.

Facebooktwitterlinkedinmail

Here's your chance to leave a comment!