Novos perfís de Campus Vida en Google+ e Youtube

Dúas novas canles de comunicación a través das redes sociais reforzarán a difusión da actividade científica de Campus Vida, o Campus de Excelencia Internacional (CEI) en Ciencias da Vida da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

campusvida-googleplus

Campus Vida abrirá o curso académico 2015-2016 con dous novos perfís nas redes sociais Google+ e Youtube. Continuando coa estratexia de divulgación implementada inicialmente a través de portais como Facebook ou Twitter, o CEI da USC tratará, así, de fortalecer a súa política de comunicación a través de canles de uso xeneralizado, co obxectivo de multiplicar o impacto social do traballo realizado polo equipo científico que integra este ecosistema investigador.

campusvida-youtube

A nova canle en Youtube servirá de escaparate audiovisual a todas as iniciativas divulgadoras que xurdan dende a comunidade investigadora, mentres que a presenza en Google+ contribuirá a mellorar o posicionamento online da marca Campus Vida. Ambos os dous perfís serán de acceso aberto e gratuíto, polo que a subscrición poderá realizarse de xeito inmediato.

Para visitar os novos perfís só é necesario picar sobre a imaxe de cada un deles, ou visitar directamente as páxinas aloxadas en Google e Youtube.

Facebooktwitterlinkedinmail

Here's your chance to leave a comment!