Novos eventos no CITIUS

Hoxe luns, ás 18:30, o CITIUS, organiza a conferencia “A transformación do coñecemento científico en coñecemento aplicado”, mentres que mañá comeza o Workshop “Turismo e novas tecnoloxías”.

Esta tarde, Juan Luis Castro Peña, cadedrático da Universidade de Granada e CEO de Virtual Solutions, impartirá a conferencia titulada “A transformación do coñecemento científico en coñecemento aplicado”, onde se tratará acerca do uso dos índices de avaliación nesgados e explicará a razón de optar por unha vía orientada á consecución de resultados nos tecidos produtivo e social. Isto non é máis que a consecuencia de que a avaliación do prestixio e número de de publicacións, non son os índices máis axeitados para a avaliación investigadora, desprazando outros índices máis axeitados como a transferencia das investigacións á sociedade.

Este relatorio abre o II Máster Universitario en Tecnoloxías da Información impartido polo CITIUS e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).

E mañá, tamén o CITIUS, celebra o Workshop de “Turismo e novas tecnoloxías”. Comezará ás 10:00, e participarán preto dunha vintena de representantes da universidade e empresas relacionadas co sector turístico.

Os dous obxectivos fundamentais do workshop serán presentar os proxectos de investigación que tanto as universidades galegas coma as empresas tecnolóxicas están a desenvolver neste área e fomentar o establecemento de sinerxías e consorcios que recollan estes avances e os trasladen á sociedade.

Se desexas coñecer o programa do encontro, pica AQUÍ.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.