Investigadores do CiQUS crean nanoesferas para o transporte de ións a través da membrana celular

Angewandte Chemie destaca un traballo do CiQUS como ‘Hot Paper’ (unha selección de artigos de especial relevancia científica realizada polos editores), no que se describe un novo método de recoñecemento de anións inorgánicos mediante o uso de péptidos cíclicos.

read more →

Dúas spin-off de Campus Vida no Barcelona Mobile World Congress 2016

Situm Technologies e MD.Use Innovative Solutions, fundadas por investigadores da Rede de Centros Singulares da USC, exhibiron o seu potencial nun dos maiores escaparates de tecnoloxía a nivel internacional.

read more →

O CiQUS convoca as súas II Bolsas de Verán para estudantes de grao

Tags:

Es un estudante de Grao apaixonado pola Química? Convidámoste a unha estancia remunerada de catro a seis semanas no CiQUS colaborando con un dos nosos Grupos de Investigación. CiQUS SUMMER FELLOWSHIPS ofrece, por segundo ano consecutivo, 10 bolsas a estudantes de grao con experiencia en Química ou estudos relacionados, ofrecéndolles a oportunidade de realizar prácticas […]

read more →

O CiQUS acada a súa terceira ERC Grant en menos de 5 anos

Javier Montenegro García, investigador Ramón y Cajal do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela – USC), obtivo unha Starting Grant, axuda máis prestixiosa que se concede en Europa a xóvenes investigadores.

read more →

Disparan a velocidade de cómputo en Xenómica aplicando técnicas Big Data ao aliñamento de cadeas de ADN

Un traballo do CiTIUS e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (FPGMX) dá lugar á solución BigBWA, unha ferramenta capaz de reducir drasticamente os tempos de execución do Burrows-Wheeler Aligner (BWA), software de referencia en xenómica.

read more →

Novos perfís de Campus Vida en Google+ e Youtube

Tags:

Dúas novas canles de comunicación a través das redes sociais reforzarán a difusión da actividade científica de Campus Vida, o Campus de Excelencia Internacional (CEI) en Ciencias da Vida da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

read more →

As bolsas da Fundación BBVA premian a excelencia investigadora do CiQUS

O investigador Ramón y Cajal do CiQUS Martín Fañanás acada unha das axudas que a Fundación BBVA concede a Investigadores e Creadores Culturais.

read more →

Bolsas de Verán 2015 no CiQUS

Se es un entusiasta estudante de grao con experiencia en Química ou áreas relacionadas, convidámoste a unha estancia remunerada dun mes para investigar no CiQUS. Escolle un dos nosos grupos de investigación para a túa primeira experiencia investigadora en Química… Aproveita esta oportunidade para disfrutar a fantástica cidade de Santiago de Compostela! Máis información: CiQUS_BECAS-VERANO-2015_Convocatoria. […]

read more →

Identifican no CiTIUS tódolos patróns da actividade eléctrica cardíaca en tempo real

Investigadores do programa de E-Saúde do CiTIUS presentan unha solución para realizar automaticamente o agrupamento morfolóxico de latexos en tempo real. Publicado no «IEEE Journal of Biomedical and Health Informatics», o traballo mellora substancialmente as técnicas desenvolvidas ata hoxe, abrindo a porta á utilización de tecnoloxías ‘wearable’ que axuden a previr riscos cardiovasculares.

read more →

O CiMUS acolle a posta de longo da Unidade Mixta contra a dor crónica

O pasado luns, o CiMUS acolleu a presentación oficial da Unidade Mixta entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a farmacéutica Esteve, impulsada polo grupo Biofarma e avalada pola Axencia Galega de Innovación.

read more →