Investigadores do CiTIUS desenvolven o método máis preciso do mundo para interpretar o electrocardiograma
A robustez do novo algoritmo mellora tódalas técnicas dispoñibles na actualidade, e as súas prestacións atraeron xa a atención de investigadores do prestixioso Massachusetts Institute of Technology (MIT), que o utilizaron con rexistros reais de máis de 50.000 pacientes.
read more →Campus Vida opens a public call to recruit 6 postdoctoral researchers for its Singular Research Centers Network
The appointed scientists will work at CiMUS, CiQUS or CiTIUS for the next two years, within a research environment which hosts 16 large European collaborative projects and about 500 researchers, including 5 ERC Grants.
read more →Desentrañan a estrutura dos asfaltenos, responsables do «colesterol das refinerías»
Investigadores do CiQUS, IBM e a multinacional ExxonMobil colaboran no estudo da estrutura molecular do petróleo, o combustible fósil por excelencia.
read more →O Director Científico do CiQUS convertese en novo membro da Academia Europea de Ciencias
O comité da prestixiosa EURASC (‘European Academy of Sciences’) comunica o ingreso de José Luis Mascareñas na súa división de Química, un cargo que só ostentan outros tres científicos españois.
read more →Un traballo do CiQUS entre os 10 artígos máis innovadores da Química en 2016
A revista ‘Chemistry World’ inclúe unha colaboración de investigadores do centro con IBM no seu ‘Top Ten’ do ano.
read more →O CiTIUS atrae unha das 4 axudas ‘Jóvenes Investigadores’ do MINECO en Tecnoloxías da Información
O investigador postdoctoral do centro Juan Carlos Vidal logra así o financiamento necesario para desenvolver o proxecto de e-Saúde RECARGA durante o próximos tres anos.
read more →A Rede de Centros Singulares de Campus Vida consolídase como referente de investigación en Galicia
CiQUS, CiMUS e CiTIUS obteñen máis da metade do fondo financiado pola Unión Europea e o goberno autonómico para apoiar a investigación universitaria de excelencia.
read more →Presentan ante as principais agrupacións clínicas a Unidade Mixta contra a dor USC-Esteve
Tras case dous anos de colaboración, este proxecto traslacional promovido por investigadores do CiMUS lidera xa a investigación en dor crónica en España.
read more →Unha idea de negocio desenvolvida no CiMUS recibe o premio da revista ‘Emprendedores’
A plataforma de Servizos de Farmacoxenética GenDR gaña o ‘Premio á Mellor Idea Empresarial’, o terceiro recoñecemento que obtén en menos dun ano.
read more →O Starting Grant do CiMUS Miguel López gaña o premio ‘Talento Novo en Investigación Biomédica’
laSexta e Fundación AXA recoñecen con 100.000 euros o traballo do grupo ‘NeurObesidade’, premiando o valor as súas achegas no campo da bioloxía molecular desta patoloxía.
read more →