Nova sesión do laboratorio EmprendeLab con Pablo Peláez, director de Plain Concepts Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2013. «Mamá: quero ser emprendedor! Pero fillo, non será mellor ser funcionario?» Con este arriscado título dará comezo a nova sesión do laboratorio EmprendeLab -prevista para mañá, venres, no salón de actos do CiTIUS-, que abordará a realidade do emprendimiento dende unha perspectiva práctica e desenfadada coa visita do director executivo da empresa Plain Concepts, Pablo Peláez.

Plain Concepts, unha compañía española con preto de 60 empregados, dispón de oficinas en Seattle, Madrid e Bilbao, e está especializada en áreas como tecnoloxías Microsoft, computación na nube (cloud computing), arquitectura software, consultoría, mecenado (mentoring) ou formación -entre outras-.

A conferencia pretende formular con certas dose de humor o que realmente significa apostar polo emprendimiento, desmontando os clixés asociados á figura do emprendedor que non adoitan corresponderse coa realidade; conceptos como «diñeiro», «fama» ou «poder», darán lugar a outros máis realistas, como as dificultades cotidiáns ou o medo ao fracaso.

Non obstante, o obxectivo final da charla será demostrar que é posible ter éxito na tarefa do emprendimiento. Peláez considera importante destacar que, se ben en algúns casos un proxecto pode fracasar, a experiencia de emprender sempre paga a pena. Esta é a principal razón pola que o conferenciante aspira a presentar unha exposición amena e divertida, centrando os seus esforzos en dar esperanza a todos aqueles mozos que desexen apostar polo camiño do emprendimiento como obxectivo vital.

Con todo, Peláez é consciente das dificultades que carrexa o labor de emprender, afirmando que se trata dun esforzo con escaso recoñecemento social. Por iso, intentará apoiarse nas situacións e experiencias que foi afrontando como emprendedor, para tratar de adiantarse aos erros máis frecuentes. En opinión do director de Plain Concepts, «hai moi poucos Mark Zuckerberg ou Bill Gates, e moitos emprendedores que non tiveron éxito; pero todos teñen algo en común que os diferencia do resto: intentárono».

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.