No laboratorio con… Xesús Feás Sánchez, investigador do Departamento de Química Órgánica de la Facultad de Ciencias-Lugo.

No laboratorio con… é un espazo onde semanalmente vos presentaremos, a través de 5 preguntas, o talento e a excelencia dos investigadores de Campus Vida.

Hoxe presentámosvos a Xesús Feás Sánchez, investigador do Departamento de Química Órgánica de la Facultad de Ciencias-Lugo.

Nome e apelidos: Xesús Feás Sánchez

Posto /Grupo de investigación: Investigador Parga Pondal. Departamento de Química Orgánica. Facultade de Ciencias-Lugo.

Institución: Universidade de Santiago de Compostela.

Participou en numerosos proxectos autonómicos e nacionais de investigación. Así mesmo, foi conferenciante por convite en Congresos Internacionais e Nacionais. Editor, autor e/ou coordinador de 6 libros e autor de autor de 35 artigos en revistas científicas internacionais incluídas no Science Citation Index, 7 artigos en revistas científicas nacionais e 9 traballos de divulgación científica. Realizou estanzas de investigación en diferentes universidades como a Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina), Instituto de Química Orgánica Xeral do CSIC, nas empresas Picometrics (Francia) e Bionostra (Madrid), no Institute of Technology Center for Chemistry and Chemical Enginneering (Lund University, Suecia) e no Agricultural College of Ponte de Lima do Polytechnic Institute of Viana de Castelo (Portugal).

Membro de distintas sociedades científicas e revisor habitual de revistas de alto índice de impacto, é o Académico máis novo da Real Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.

1. Quen é para ti o científico máis importante do século XX? Porqué?

Albert Einstein, pois coa teoría da relatividade destruíu o espazo e tempo absolutos que caracterizaran á física moderna dende os tempos de Newton.

2. Un descubrimento que cambiou o mundo? Porqué?

A electricidade, base de moitos desenvolvementos tecnolóxicos posteriores, así como dos consecuentes avances científicos, e benestar da sociedade.

3. Porqué decidiches ser investigador?

Dende neno sempre tiven un contacto intenso coa natureza. A visita ao Museo de Historia Natural Luis Iglesias da USC, marcou un punto de inflexión nos meus desexos de dedicarme ao ámbito científico. Alí pasábame moitas horas.

4. Cal é a túa liña de investigación máis relevante? Que resultados esperades obter e que impacto poden ter na sociedade?

O desenvolvemento de materiais poliméricos con recoñecemento molecular, onde de forma controlada se obteñen materiais que poderiamos denominar anticorpos plásticos. Se espera que nun futuro estes materiais poden substituír no ámbito científico-experimental anticorpos de base proteica e permitan entender mellor os mecanismos que interveñen no recoñecemento molecular a nivel celular.

5. En que aspecto crees que o ámbito Campus Vida favorece a túa investigación?

Campus Vida, pode favorecer moi positivamente a internacionalización da actividade científica da USC, así como no contacto con outros grupos investigadores de vangarda.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.