No laboratorio con… Rubén Nogueiras Investigador programa Ramón y Cajal, del grupo Metabolismo Molecular
No laboratorio con… é un espazo onde semanalmente vos presentaremos, a través de 5 preguntas, o talento e a excelencia dos investigadores de Campus Vida.
Hoxe presentámosvos a Rubén Nogueiras Investigador programa Ramón y Cajal, del grupo Metabolismo Molecular

Posto / Grupo de investigación: Investigador Ramón y Cajal / Grupo de Metabolismo Molecular
Institución: USC
Rubén Nogueiras realizou a tese doutoral no Departamento de Fisioloxía da USC baixo a dirección do profesor Carlos Diéguez e realizou estanzas postdoutorais en Alemaña, Suíza e USA. En 2009 reincorpórase ao sistema de I+D español mediante o programaRamón e Cajal. A súa investigación céntrase no estudo de como o sistema nervioso central pode regular o metabolismo dos diferentes órganos metabólicos e os mecanismos moleculares que median esas accións. Participa en diversos proxectos internacionais e publicou máis de 90 artigos. A súa traxectoria foi premiada con diversos premios entre os que destacan o Premio ao mellor investigador novo en investigación básica en Obesidade, outorgado pola Sociedade Europea para o estudo da Obesidade (EASO) (2009) e o PremioJournal Molecular Endocrinology, outorgado pola Sociedade Europea de Endocrinoloxía (ESE) (2011).
1. ¿Quen é para tí o científico máis importante do século XX? ¿Por qué?
Alexander Fleming coa súa penicilina, e a parella formada porWatson e Crick, descubridores do ADN.
2. Un descubrimento que cambiou o mundo ¿Por qué?
Son incapaz de quedar cun. Dende o máis cotián como a lavadora ou a radio ata a informática, a aviación…desde o punto de vista da biomedicina que é o que me toca, quedo co descubrimento dos antibióticos e do ADN, que supuxeron as bases para loitar contra moitas enfermidades.
3. ¿Por qué decidiches ser investigador?
Polo estimulante de coñecer algo novo cada semana e por non saber que vai pasar cada dia no laboratorio. Ademas loxicamente, todos temos o sono de achegar o noso granito de area que sirva para axudar a curar algunha enfermidade.
4. ¿Cal é a túa liña de investigación máis relevante?¿Qué resultados esperades obter e que impacto poden ter na sociedade?
Estudar como o cerebro é capaz de regular diferentes aspectos que son fundamentais para a regulación do peso corporal. Esperamos descifrar novas vías e polo tanto novas dianas que poderían utilizarse para tratar a obesidade, que é unha das epidemias do noso século e que leva consigo un grande numero de enfermidades asociadas e, polo tanto un elevado custo social e económico.
5. ¿En qué aspecto crees que o ámbito Campus Vida favorece a túa investigación?
Campus Vida supuxo unha mellora considerable das infraestruturas e axudou en certo modo a que haxa máis interacción con outros investigadores. Ademais, esperemos que sirva para atraer investigadores punteiros doutros lugares.