No laboratorio con… José Ramón Ríos Viqueira, Profesor de Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos (COGRADE)

No laboratorio con… é un espazo onde semanalmente vos presentaremos, a través de 5 preguntas, o talento e a excelencia dos investigadores de Campus Vida.

Hoxe presentámosvos ao  José Ramón Ríos Viqueira, Profesor de Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos (COGRADE) da Universidad de Santiago de Compostela.

Nome e apelidos:  José Ramón Ríos Viqueira

Posto / Grupo de investigación:  Profesor Contratado Doctor / Gráficos por Computador e Ingeniería de Datos (COGRADE)

Institución: CITIUS / Universidade de Santiago de Compostela

O profesor José Ramón Ríos Viqueira investiga e imparte docencia na área de bases de datos. En concreto, a súa investigación céntrase na xestión eficaz de grandes volumes de datos espazo-temporais e de tipo científico, con aplicación en xestión ambiental e en Sistemas de Información Xeográfica. É autor de máis de 50 publicacións nas temáticas anteriores. En 1998 foi investigador contratado no proxecto europeo CHOROCHRONOS e dende entón foi membro de 4 grupos de investigación de tres universidades nos que participou en 19 proxectos de investigación competitivos (dous deles como investigador principal) e en varias decenas de contratos con empresas.

1. Quen é para tí o científico máis importante do século XX? Por que?

Polo impacto directo dos seus descubrimentos existen varios nomes que a todos nos veñen de primeiros á cabeza: Albert Einstein, Alexander Fleming, etc. No campo das ciencias da computación habería que nomear por suposto un dos seus pais, Alan Turing. Pero ao meu gustaríame destacar as achegas de dous científicos máis recentes que conseguiron romper con paradigmas asentados propoñendo solucións radicalmente distintas. Estas solucións provocaron gran rexeitamento por parte da comunidade científica, pero ao cabo impuxéronse e simplificaron enormemente o desenvolvemento de sistemas de Información. O primeiro é Edsger W. Dijkstra polas súas contribucións no campo dos algoritmos e a programación. O segundo é Edgar F. Coddpolas súas achegas en modelado relacional de datos.

2. Un descubrimento que cambiou o mundo Por que?

Na miña opinión, o descubrimento do ADN por parte de James Watsone Francis Crick foi a raíz dun conxunto de descubrimentos que están a cambiar e cambiarán no futuro a forma de facer medicina. Exemplo do impacto que tivo este descubrimento, xa no século XXI, son as investigacións sobre reprogramación celular que lle valeron a Shinya Yamanaka e John Gurdon o premio nobel de medicina de 2012.

3. Por que decidiches ser investigador?

Dende que recordo sempre tiven especial fascinación polo futuro, os descubrimentos e as novas tecnoloxías. En canto xurdiu a oportunidade de iniciar unha tese doutoral ao rematar os meus estudos de informática non o dubidei un segundo, a vocación nunca me faltou.

4. Cal é a túa liña de investigación máis relevante? Que resultados esperades obter e que impacto poden ter na sociedade?

A xestión de datos en ámbitos de xestión é unha disciplina madura dado que os sistemas actuais permiten a análise eficiente dos datos de forma sinxela para o usuario. O reto actual nos ámbitos de xestión é a incorporación de grandes volumes de información non estruturada procedente da Web. Por outro lado, os datos xerados en disciplinas científicas son en xeral complexos e voluminosos, podendo ser á veznon estructurados. A xestión de datos nestes ámbitos resólvese aínda de forma ad-hoc e o desenvolvemento de novos métodos de análise de datos é moi custoso en horas de programación. A miña liña de investigación pretende simplificar a análise de grandes cantidades de datos en ámbitos científicos.

O obxectivo é proporcionar ao experto unha linguaxe que lle permita definir os seus procedementos de análise de forma declarativa, sen que teña que preocuparse dos detalles de implementación. Con este tipo de ferramentas, o científico centraríase na parte matemática do problema, posibilitando o desenvolvemento e proba rápida de distintas solucións, que de ter que programar supoñerían un grande investimento en horas de traballo.

5. En que aspecto crees que o ámbito Campus Vida favorece a túa investigación?

Para as miñas liñas de investigación ter preto científicos doutras disciplinas con problemas de análise de datos é un verdadeiro privilexio. A idea de participar en proxectos de tipo interdisciplinar nos que as tecnoloxías de análise de datos sexan desenvolvidas con problemas reais detrás é algo moi motivador.Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.