No laboratorio con…José Antonio Costoya Puente Investigador Principal Grupo de Oncoloxía Molecular MOL. CiMUS.

No laboratorio con… é un espazo onde semanalmente vos presentaremos, a través de 5 preguntas, o talento e a excelencia dos investigadores de Campus Vida.

Hoxe presentámosvos a José Antonio Costoya Puente Investigador Principal do Grupo de Oncoloxía Molecular MOL. CiMUS.

Nome e apelidos: José Antonio Costoya Puente

Posto / Grupo de investigación: Investigador Principal Grupo deOncoloxía Molecular MOL

Institución: Universidade de Santiago de Compostela – CIMUS

Obtén a licenciatura en Medicina e Cirurxía na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo dos seus estudos compatibiliza a súa actividade académica cos seus inicios na actividade investigadora. A súa carreira profesional comeza realizando tarefas asistenciais no Sistema Nacional de Saúde,simultáneamente á súa actividade investigadora no Departamento de Fisioloxía da Universidade de Santiago de Compostela no que, e tras unha estadía no INSERM-Fac. de Medecine-UNIDADE DE MASA ATÓMICA Paris V, obtén o Doutorado Europeo en Medicina e Cirurxía. En 1999, comeza a súa estanza postdoutoral no MemorialSloan- Kettering Cancer Center, Nova York, EUA A finais do 2003 regresa de EE.UU incorporándose como investigador Parga Pondal áUSC e posteriormente como Investigador Ramón e Cajal. Actualmente é Profesor Titular de Fisioloxía desempeñando o seu labor docente tanto en titulacións de grao coma de posgrao na Universidade de Santiago de Compostela. É autor de multitude de artigos e capítulos de libros e recibiu diversos premios de investigación.

1. Quen é para tí o científico máis importante do século XX? Porqué?

É difícil nomear unha científica ou científico que destaque ao longo de todo o século XX, creo que foi un século no que o coñecemento científico progresou de forma moi importante, grazas á contribución dun gran número de persoas que, en certo xeito sacrificaron as súas vidas para mellorar a calidade de vida de todos nós. Só fai falta fixarse nun dato, no ano 1900 a esperanza de vida ao nacer era de tan só 34 anos, mentres que a finais de século esta chegara a case os 79 anos, e niso contribuíron todos os avances desenvolvidos ao longo deses anos nas diferentes disciplinas do coñecemento.

2. Un descubrimento que cambiou o mundo? Porqué?

Os descubrimentos que cambiaron o mundo foron moitos e ao longo de toda a historia da ciencia, que indefectiblemente vai unido á historia da humanidade. A ciencia é unha carreira de fondo na que pequenas contribucións van conseguindo grandes logros que fan que realmente o noso mundo cambie e mellore.

3. Porqué decidiches ser investigador?

Por curiosidade, creo que para ser científico un debe manter a curiosidade, esa habilidade que temos cando empezamos a coñecer o mundo que nos rodea e que desafortunadamente imos perdendo ao longo da vida. Sempre me gustou saber o por que das cousas.

4. Cal é a túa liña de investigación máis relevante? Que resultados esperades obter e que impacto poden ter na sociedade?

As diferentes liñas de traballo que o Grupo de Oncoloxía Molecular MOL está a levar a cabo na actualidade céntranse fundamentalmente no coñecemento dos mecanismos que fan que unha célula normal se converta en tumoral, a comprensión destes mecanismos permiten non só poder encontrar novas abordaxes terapéuticas, se non tamén novos métodos diagnósticos.

5. En que aspecto crees que o ámbito Campus Vida favorece a túa investigación?

O Campus Vida é unha grande oportunidade que non debemos desaproveitar, xa que non só facilita xerar os ámbitos axeitados para desenvolver a actividade docente e investigadora, se non que tamén permite xuntar os esforzos de todos e todas na mesma dirección co obxectivo de contribuír a mellorar a sociedade da que  formamos parte.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.