No laboratorio con… Fernando Muñoz Gunzón. Investigador Parga Pondal

No laboratorio con… é un espazo onde semanalmente vos presentaremos, a través de 5 preguntas, o talento e a excelencia dos investigadores de Campus Vida.

Hoxe presentámosvos a Fernando Muñoz Guzón, investigador Parga Pondal.

Nome e apelidos: Fernando Muñoz Guzón

Posto / Grupo de investigación: Investigador Parga Pondal / Cirurxía, radioloxía e ecografía experimental veterinaria.

Institución: Facultade de Veterinaria (Lugo). USC

Traballamos dende o ano 2000 en ensaios de avaliación biolóxica debiomateriales, principalmente en materiais implantados no óso. O noso grupo colabora activamente con empresas e outras universidades españolas e europeas na realización de ensaios in vivo para o desenvolvemento de materiais e dispositivos biomédicos. No noso laboratorio somos capaces de preparar mostras incluídas en resina polo método de lámina delgada sen ter que extraer o implante do óso que o rodea, o que nos permite valorar o comportamento dosbiomateriales no organismo vivo

Neste momento mantemos traballos de investigación en colaboración con investigadores das Universidade Complutense de Madrid, Politécnica de Barcelona, Murcia, Zürich, Viena e con empresas tanto nacionais coma doutros países como Suíza, que apostaron por nós para desenvolver parte do seu i+d+i.

1. Quen é para ti o científico máis importante do século XX? Por que?

Don Santiago Ramón e Cajal é un científico español co que moitos investigadores españois podemos identificarnos, xa que con moi escasos recursos logrou desentrañar a estrutura funcional do tecido nervioso,

2. Un descubrimento que cambiou o mundo Por que?

Quizais a penicilina. Para un investigador en ciencias da vida o obxectivo é salvar vidas e probablemente este é o achado que máis contribuíu a iso.

3. Por que decidiches ser investigador?

En realidade foi unha casualidade. Seguramente cruzáronse na miña vida as posibilidades e fun o que pasaba por alí e soubo ver unha oportunidade. A miña familia di que sei vender ben unha idea, quizais esta sexa unha virtude.

4. Cal é a túa liña de investigación máis relevante? Que resultados esperades obter e que impacto poden ter na sociedade?

Nunha sociedade cada vez máis envellecida a investigación e desenvolvemento de materiais que permitan a fabricación de dispositivos que substitúan órganos danados polo desgaste causado pola idade é unha liña de investigación fundamental para a mellora da calidade de vida das persoas. Nós avaliamos a resposta dos tecidos, fundamentalmente do óso que rodea aos biomaterialesimplantados, co obxectivo de valorar cual é o que alcanza a osteointegración o máis rapidamente posible para permitir unha rápida funcionalidade do órgano substituído.

5. En que aspecto crees que o ámbito Campus Vida favorece a túa investigación?

Espero que o Campus Vida sexa unha plataforma que saiba manexar correctamente os recursos dispoñibles para obter resultados que se poidan aplicar no futuro. Pode permitir poñer en contacto grupos de investigación con intereses comúns, tanto en liñas de investigación coma en captación de recursos.

Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.