No Laboratorio con… Fernando J. Lopez García, Investigador no CiQUS

No laboratorio con… é un espazo onde semanalmente vos presentaremos, a través de 5 preguntas, o talento e a excelencia dos investigadores de Campus Vida.

Hoxe presentámosvos a Fernando J. Lopez García, Investigador no CiQUS.

Nome e apelidos: Fernando J. Lopez García

Posto / Grupo de investigación: Científico Titular del CSIC / Mascareñas – López – Vázquez

Institución: Universidade de Santiago de Compostela – CIQUS e CSIC

Fernando José López García (A Estrada, 1975) é licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e doutor en Química Orgánica pola mesma Universidade (2003). Ao longo da súa carreira investigadora, Fernando López García realizou estanzas predoutorais de varios meses no ETH de Zürich (Suíza) e na Universidade de Yale (EUA), así como unha estanza postdoutoral de dous anos na Universidade de Groningen (Paises Bajos). No ano 2005 foille outorgado un contrato Ramón e Cajal e dende o 2008 é Científico Titular do CSIC, no Instituto de Química Orgánica Xeral. Recentemente, foi adscrito ao CIQUS, a través dun convenio de colaboración específico entre o CSIC e a USC. No ano 2009 foille concedido o Premio Sigma-Aldrich de la Real Sociedad Española de Química a Investigadores Novos. Ao longo dos últimos anos, o Dr Lópezfoi investigador principal de diversos proxectos no ámbito autonómico e nacional e é autor de varios capítulos de libros, patentes, e de 50 publicacións nas revistas máis prestixiosas da área da Química.

É moi difícil ou case imposible para min nomear unicamente un científico, e darlle o rango de Científico máis valioso do século XX: Sería probablemente inxusto con outros moitos que fixeron achegas moi significativas. Se é verdade que hai un grupo de 5 ou 10 xenios, entre os que se encontran Marie Curie, Albert Einstein, Alexander Fleming,James Watson e Francis Crick, ou mesmo españois como SantiagoRamón e Cajal, que saen con frecuencia en distintos artigos como os máis importantes do século XX, e efectivamente foron protagonistas esenciais dos avances científicos máis importantes dese século. Non obstante, gustaríame resaltar que a ciencia se constrúe paso a paso, grazas aos pequenos, medianos e grandes avances de todos os que achegan toda a súa capacidade, talento e bo facer o progreso científico. Creo que é así, co esforzo de todos os científicos, institucións e sociedade en xeral, como se pode conseguir que un século se identifique co progreso científico. É ese sentido, o século XX creo que é un claro exemplo de revolución científica.

Prefiro pensar que o descubrimento que cambiou o mundo está aínda por chegar. Probablemente podería ter que ver coa posibilidade de obter enerxía de xeito limpo e a un custo moi baixo, a partir do sol ou de calquera outra fonte inesgotable e totalmente accesible, como a auga do mar ou o aire. Máis relacionado co meu campo, creo que abrir novas vías realmente eficientes para acceder doadamente a novos fármacos cun custo e nun período de tempo verdadeiramente razoables, supoñería unha auténtica revolución. Se miramos ao pasado, está claro que o descubrimento da roda, dos antibióticos, a lámpada incandescente, os pesticidas, o desenvolvemento de internet, a teoría da relatividade e outros moitos, supuxeron por se mesmos unha auténtica revolución que cambio substancialmente o mundo, pero oxalá que o máis importante aínda non chegase e o poidamos ver.

Simplemente por curiosidade e necesidade de poder entender mellor a parte da química que máis me atraía, que nun durante o meu estudos de licenciatura era a química orgánica sintética, en xeral. No meu caso foi unha inquietude que se retroalimentar e potenciou ao poder experimentar un mesmo a satisfacción de descubrir “algo” coas túas propias mans e a partir das túas propias hipóteses.

As miñas liñas de investigación céntranse no desenvolvemento de novos métodos sintéticos catalíticos e eficientes que permitan obter de xeito eficiente e versátil moléculas estruturalmente complexas, con potenciais actividades biolóxicas ou médicas. Dentro deste campo, teño un especial interese no desenvolvemento de métodos catalíticos e asimétricos, que proporcionan directamente as moléculas desexadas como isómeros ópticos puros, aspecto moi importante actualmente no desenvolvemento de novos fármacos quirales. Trátase do desenvolvemento de ciencia básica, que non ten garantido un impacto inmediato na sociedade pero que se o ten no medio e longo prazo.

 Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.