No laboratorio con… Eduardo Domínguez Medina, Investigador do grupo BioFarma

No laboratorio con… é un espazo onde semanalmente vos presentaremos, a través de 5 preguntas, o talento e a excelencia dos investigadores de Campus Vida.

Hoxe presentámosvos ao  Eduardo Domínguez Medina, investigador postdoutoral do grupo de investigación Biopharma de la Universidad de Santiago de Compostela.

Nome e apelidos:  Eduardo Domínguez Medina

Posto / Grupo de investigación:  Investigador postdoctoral / BioFarma

Institución: Universidade de Santiago de Compostela

Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Formación postdoutoral en The Scripps Research Institute noDepartment of Chemical Biology. Actualmente é Investigador no grupo de investigación BioFarma. Durante a súa carreira, adquiriu unha sólida formación académica interdisciplinaria en ciencias da vida, así como a capacidade de traballar combinando diferentes disciplinas e en equipo. Participou en proxectos centrados na identificación e validación de novas dianas terapéuticas para enfermidades complexas no campo das neurociencias e o metabolismo. A súa investigación actual céntrase no descubrimento de fármacos para as enfermidades metabólicas mediante o uso de ensaios fenotípicos e técnicas de proteómicafuncional.

1. Quen é para tí o científico máis importante do século XX? Por que?

Leonardo Da Vinci. Malia que viviu no Renacemento e que se aprecia principalmente como pintor, se trataba dun xenio que posuía un talento inusual e que motivado pola súa curiosidade e imaxinación foi capaz de observar e interpretar a realidade con extremo detalle e arte. En particular, destacan os seus estudos de anatomía, nos que debuxou músculos, tendóns e outras características anatómicas visibles. Estudou e anotou as funcións mecánicas do esqueleto e as forzas musculares que se aplican a el adiantándose ao seu tempo, de forma que anticipou a ciencia da biomecánica. Se os seus estudos tivesen senón publicados terían sido contribucións moi importantes para a ciencia médica.

2. Un descubrimento que cambiou o mundo Por que?

O curso clínico da diabete (presenza de niveis elevados de azucre no sangue) mellorou significativamente a raíz do descubrimento da insulina. Joseph von Mering e Oskar Minkowski descubriron que a eliminación do páncreas en cans daba lugar á diabete, o que supón o primeiro indicio de que o páncreas desempeña un papel clave na regulación da glicosa. Posteriormente, Edward Albert Sharpey-Schaferformulou a hipótese de que a diabete se debe á deficiencia dunha soa substancia química producida polo páncreas, que chamou insulina química, do latín insula, é dicir, terra e en referencia ás células dos illotes pancreáticos de Langerhans. Frederick Banting e Charles Bestdescubriron a insulina cando melloraron a diabete inducida en cans cun extracto das células dos illotes pancreáticos de cans sans. A continuación, James Collip e John Macleod purificaron a hormona insulina do páncreas bovino e foron os primeiros en utilizala para tratar un paciente con diabete. A produción da insulina e o seu uso terapéutico estendeuse rapidamente por todo o mundo. Esta serie de eventos desenvolvéronse no período de 1889 a 1923, e trátase dun exemplo dunha translación rápida dun descubrimento de ciencia básica nun beneficio para os pacientes. A dispoñibilidade de inxeccións de insulina incrementou as posibilidades de supervivencia e mellorou a calidade de vida dos pacientes con deficiencia de insulina que previamente se enfrontaban a unha severa enfermidade cun elevado risco de morte.

3. Por que decidiches ser investigador?

Sempre tiven curiosidade polas biomédicas. En particular, estudar farmacoloxía permitiume achegarme ao coñecemento dos mecanismos moleculares de acción dos fármacos.

Os avances neste área da biomedicina permitiron que haxa remedios para moitas enfermidades, como a diabete, que antes do descubrimento da hormona insulina non tiña solución.

4. Cal é a túa liña de investigación máis relevante? Que resultados esperades obter e que impacto poden ter na sociedade?

A miña investigación actual céntrase no descubrimento de fármacos para as enfermidades metabólicas mediante o uso de ensaios fenotípicos e técnicas de proteómica funcional. O uso de modelos que reproducen no laboratorio procesos fisiolóxicos e patolóxicos clave, como o metabolismo lipídico e da glicosa, estanos a permitir comprender mellor eses mecanismos a nivel molecular. A modulación destes mecanismos con moléculas químicas facilita, nalgúns casos, o desenvolvemento de novas estratexias terapéuticas para o tratamento de enfermidades metabólicas de elevada prevalencia como a obesidade e a diabete.

5. En que aspecto crees que o ámbito Campus Vida favorece a túa investigación?

A oportunidade de interaccionar con expertos científicos e tecnólogos de diversas disciplinas como por exemplo bioloxía, química, matemáticas, física e medicina que traballan no campus é unha vantaxe competitiva no mundo da investigación. Na actualidade, os proxectos de investigación e desenvolvemento de medicamentos en enfermidades crónicas requiren a participación de equipos multidisciplinares para a súa execución e para ter posibilidades de éxito. Participar en proxectos desta natureza proporciona os medios necesarios para cubrir o espazo existente entre a investigación básica en novos mecanismos terapéuticos e a súa aplicación biomédica.Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.