No laboratorio con… Carolina Nebot García, integrante do Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos.

No laboratorio con… é un espazo onde semanalmente vos presentaremos, a través de 5 preguntas, o talento e a excelencia dos investigadores de Campus Vida.

Hoxe presentámosvos a Carolina Nebot García, integrante do Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos.

Nome e apelidos: Carolina Nebot García

Posto / Grupo de investigación:  Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos.

Institución: USC

 

Dedícase ao control de residuos de contaminantes, principalmente substancias con actividade farmacolóxica, en alimentos e no medio xa que a súa presenza pode supoñer un risco para a saúde. Realizou traballos con investigadores internacionais de Noruega, Escocia, Portugal e México cuxos obxectivos foron o desenvolvemento de novos métodos analíticos para a detección de substancias farmacolóxicas en matrices alimentarias (leite e carne) e en augas superficiais (ríos, lagos, esteiros). Tambien traballounas en proxectos de colaboración con asociacións como Ternera Gallega, AGACA, AGAFAC e Nutter, empresas dedicadas ao sector da alimentación humana ou animal.

1. Quen é para tí o científico máis importante do século XX? Por que?

Pois non sei, hai moitos, pero a persoa cuxa vida e investigación me parece máis interesante é a de Marie Curie. Foi unha muller moi loitadora, estudo física e matemáticas supoño que algo moi pouco común nunha muller naquel momento. Posteriormente realizou os seus estudos de doutorado en Francia Marie Curie foi a primeira persoa á que se lle concederon dous Premios Nobel en dous diferentes campos. Ademais foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París.

2. Un descubrimento que cambiou o mundo Por que?

Eu diría, o descubrimento do motor, xa que permitiu que nos despracemos con maior rapidez e facilidade, ademais de axudar considerablemente en moitos traballos que se facían manualmente.

3. Por que decidiches ser investigador?

Traballaba nun laboratorio facendo análise de rutina, unha amiga animoume a probar e probei. Non só gustoume senón que me encantou, así que dende entón me dedico a iso. Non o considero un traballo senón un estilo de vida.

4. Cal é a túa liña de investigación máis relevante? Que resultados esperades obter e que impacto poden ter na sociedade?

Detectamos a presenza de substancias farmacolóxicas en augas superficiais recollidas en Galicia e cremos que deberán de cambiar o procesos de tratamento de augas residuais. Así mesmo desenvolvemos novos métodos para o control de medicamentos en algas, un alimento que se está a introducir na dieta española e cuxo control é aínda escaso.

5. En que aspecto crees que o ámbito Campus Vida favorece a túa investigación?

Permíteme estar en contacto con outros investigadores, coas empresas e con estudantes.Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.