Mañá a segunda visita ilustre do programa ConCiencia 2012

O profesor Tim Hunt, que visita mañá día 9, a USC apadriñado polo investigador de Campus Vida, Anxo Vidal, compartiu o Nobel no 2001, co estadounidense Leland Hartwell e co tamén británico Paul Nurse polos seus descubrimentos nos reguladores chave do ciclo celular

A visita comezará ás 11.30 horas no edificio docente Novoa Santos del Complejo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, cunha charla impartida por Hunt e dirixida a persoal investigador sobre os mecanismos do control celular. A continuación trasladarase ao CIMUS (centro singular de Campus Vida) para manter diversas reunións de traballo cos grupos de investigación do campus de excelencia internacional no terreo das ciencias da vida.

Xa pola tarde, o premio Nobel, pronunciará a conferencia titulada “Ciclo celular e cancro” e terá lugar na cidade da cultura, en Santiago de Compostela, ás 20:00 h. e todo isto grazas ao Programa ConCiencia de Divulgación científica.

Para coñecer máis entra na nosa axenda.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.