José Castillo, do complexo hospitalario público de Santiago, recibiu o premio da Sociedade Española de Neuroloxía pola súa traxectoria

A Sociedade Española de Neuroloxía entregou o premio Enfermidades Neurolóxicas a José Castillo, do complexo hospitalario público de Santiago, en recoñecemento á súa traxectoria profesional e pola súa achega científica á especialidade.

O galardón entregouno Jorge Matías-Guiu Guia, dirixente da entidade. Con este recoñecemento distínguense as súas investigacións en ámbitos como a esclerose múltiple, as enfermidades cerebrovasculares, as enfermidades neuromusculares, as cefaleas ou o estudo dos tumores do sistema nervioso central, asuntos aos que dedicou esforzos Castillo.

Este prestixioso neurólogo é o actual director científico do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Tamén dirixe a área de xestión de neurociencias do complexo hospitalario público. Ensina así mesmo naUSC, onde é catedrático de neuroloxía e xefe do departamento deMedicina; e coordina a rede temática española de investigación cooperativa de enfermidades neurovasculares do Instituto de SaúdeCarlos III.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.