Investigadores do CIQUS da USC deseñan un sensor específico para detectar proteínas implicadas en procesos canceríxenos

O grupo de investigación da USC dirixido polos profesores José Luís Mascareñas e Eugenio Vázquez, que desenvolven o seu traballo no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) do Campus Vida, deseñaron unha estratexia molecular que permite detectar de forma selectiva un determinado tipo de proteínas relacionadas co cancro. O traballo publícase na nova revista de referencia da química mundial, Chemical Science, Editada pola Royal Society of Chemistry.

Nota de prensa: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2011_07/noticia_0083.htmlFacebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.