Éxito da 2ª lonxa de investidores para o sector biotecnolóxico organizada por Bioga e o Igape

O Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, organizou en colaboración co Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) a “Lonxa de inversores do sector biotecnolóxico”. Trátase da 2ª edición desta iniciativa que pretende atraer capital interesado en incentivar proxectos do sector biotecnolóxico con elevado potencial de crecemento.

A lonxa contou coa participación de 8 grupos de inversión dispostos a impulsar proxectos emprendedores de base biotecnolóxica. UNIRISCO/UNINVEST, XES Galicia, Vigo Activo, La Caixa Capital Risc, Ysios Capital, Addquity, Cross Road Biotech e PrincipiaTech, foron as entidades participantes xunto co CDTI e expertos na área de promoción e desenvolvemento de proxectos empresariais biotecnolóxicos innovadores. Así mesmo a xornada contou coa experiencia da empresa galega Nanogap, que acercou a súa boa práctica na consecución de financiamento aos Fondos I2C da Xunta de Galicia.

O encontro estivo dirixido a emprendedores e persoal directivo de empresas biotecnolóxicas galegas interesadas na posta en marcha dun determinado proxecto emprendedor ou conseguir unha consolidación no mercado do mesmo. De igual xeito, diríxiuse a entidades inversoras, xa que tiveron a oportunidade de coñecer proxectos biotecnolóxicos de interese para posibles inversións financeiras nos mesmos.

Con esta iniciativa Igape e Bioga queren promover a inversión produtiva no sector biotecnolóxico galego. Baixo un formato dinámico as empresas máis innovadoras do sector biotecnolóxico galego presentaron o seu plan de negocio ante un conxunto de inversores baixo o esquema networking, e de forma complementaria, deronse a coñecer os diferentes produtos e líñas de financiamento para o apoio de proxectos emprendedores biotecnolóxicos das entidades representantes de produtos de financiamento de capital privado.

Pola tarde houbo encontros cara a cara entre emprendedores de proxectos, ligados básicamente ó eido investigador das Universidades e Fundacións galegas e empresas biotecnolóxicas galegas con potenciais inversionistas.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.