cialistas no estudo de linfomas réunense na Facultade de Medicina para analizar os últimos avances

Este symposium esta composto de tres conferencia diferenciadas como son a Reunión Científica da Liña de Linfomas da Rede Temática de Investigación Cooperativa en Cancro (RTICC), a Rede de Grupos Estables de Investigación sobre o Linfoma da AECC e o LXII Club de Reunión do Club de Linfomas da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica (SEAP).

A xornada comezará ás 9.30 ao longo desta xornada expoñerase diversos diversos casos clínicos, Sergio Serrano (médico do Hospital do Mar) tratará sobre o funcionamento dunha unidade de hemapatolojía; presentaranse as comunicacións dos grupos da RTICC; Miguel A. Piris (Hospital Universitario Marqués de Valdecilla), tratará sobre a terapia dirixida guiada no diagnóstico molecular. Durante a xornada matinal celebrarase un acto homenaxe Jerónimo Forteza, quen acaba de xubilarse.

Jerónimo Forteza Vila (Godella, Valencia, 1941) é catedrático de Anatomía Patolóxica da Universidade de Santiago, xefe do servizo de Anatomía Patolóxica do Complexo Clínico Hospitalario da Universidade de Santiago (CHUS), coordinador da área de cancro de Instituto de Investigacións Sanitarias (IDIS) e director do Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos da USC. O doutor Forteza foi director xeral do Hospital Juan Canalejo da Coruña (agora Chuac) e vicedecano da Facultade de Medicina da USC. É membro fundador do Club Español de Linfomas da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica e académico electo da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

 Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.