Campus Vida concibe a convivencia e o urbanismo como unha ágora de espazos do coñecemento, promovendo a vida universitaria con instalacións e servizos pensados para a atracción internacional de estudantes e investigadores de excelencia.
O binomio formado por Campus Vida e a cidade de Santiago de Compostela, berce de Europa e meta de peregrinos, conforman un ámbito internacional excepcional no que desenvolver e consolidar redes sociais e económicas que xeren riqueza e calidade de vida a través da integración dos ámbitos docente, investigador e empresarial.